Jorge Morado e Carmen Jiménez, escolares con Galicia no campionato de España de tríatlon

Jorge Morado nunha proba – Triatlón Ferrol

Dous promesas da Escola Javi Gómez Noya, Carmen Jiménez e Jorge Morado, formarán parte da selección galega escolar que esta fin de semana compita en Badaxoz no campionato de España de tríatlon por autonomías.

Tanto Jorge Morado como Carmen Jiménez deberán completar o sábado un tríatlon individual –nunha distancia de 750 m de natación, 10 km de ciclismo e 2,5 km de carreira a pé- para conseguir o maior número posible de puntos para Galicia segundo o posto que acaden.

Na xornada do domingo, ámbolos dous triatletas do club ferrolán poderían ser elixidos para formar parte dos catro integrantes do relevo mixto galego. Nese caso, cada un deberá realizar un tríatlon superesprinte de 250 m de natación, 5 km de ciclismo e 1.600 m de carreira ata darlle o testemuño ao seguinte membro do relevo.

Presente prometedor

Os dous deportistas veñen avalados por ser, no caso do mugardés Morado, un dos bolseiros do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, e, en relación á ferrolá Jiménez, un reforzo do equipo elite de Primeira División do Triatlón Ferrol e tamén convocada –xunto a Morado e a Alejandro Rodríguez- á concentración de tecnificación que a federación galega celebrará en Pontevedra a mediados de xullo para seguir os triatletas que despuntan.

Lea también

Álex Rilo, representación ferrolana en la Copa del Mundo de Lievin

El ferrolano Álex Rodríguez Rilo disputará este sábado la Copa del Mundo de Lievin en …