O goberno de Ferrol abre un prazo de achegas a cidadanía para a redacción da nova ordenanza de accesibilidade

O Concello de Ferrol ten a vontade de aprobar unha ordenanza referida á accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.

Unha sociedade cada vez máis participativa e sensibilizada coa problemática da accesibilidade, demanda unha maior implicación das distintas administracións na protección dos dereitos das persoas relacionados coa mellora da accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas, expón a concelleira de Urbanismo e Mobilidade, María Fernández Lemos.

Ao respecto da accesibilidade, existe unha amplísima regulación estatal e autonómica ao respecto que vai detallada polo miúdo no documento de traballo adxunto. A última, a Lei de Accesibilidade de Galicia (10/2014), aprobada o 3 de decembro e fundamentada nos principios de accesibilidade universal, deseño para tódalas persoas, inclusión social, igualdade de oportunidade, vida independente, diálogo civil e transversalidade das políticas en materia de discapacidade. A anterior ordenanza de accesibilidade municipal data de setembro de 1993, mentres que o PXOM foi aprobado no ano 2001.

É moi necesario articular e aprobar dunha nova ordenanza de mellora integral da accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas para o noso municipio, adecuada á normativa vixente e axustada as nosas particularidades. Un texto integrador que regule, unifique a normativa, coordine e estableza os criterios de aplicación, execución e control, de acordo cos criterios de proporcionalidade e axustes razoables, no marco das condicións establecidas pola lexislación básica, estatal e as directrices internacionais”, subliñaba hoxe a concelleira.

«E neste proceso, -manifestaba Fernández Lemos- agardamos poder contar, como viñemos facendo ate agora, coa implicación, a colaboración e as achegas das asociacións que sempre nos dan unha visión moito mais apegada a súa realidade para unha regulamentación eficiente”.

A vontade do Goberno local de avanzar nesta dirección ponse de manifesto nos proxectos executado ou en marcha que afondan e abundan na mellora da accesibilidade nos cruces de peóns (actualmente na IV fase) e na mellora dos accesos a centros deportivos i escolares que se acometerá este verán. Proxectos nos que se contou coa participación activa e as achegas feitas desde ASCM e Diversidade Funcional, que permitiron un mellor deseño dos mesmos atendendo a súas demandas.

PERIODO DE CONSULTA PÚBLICA PREVIA A REDACCIÓN DA ORDENANZA

Co obxecto de contar cunha nova ordenanza municipal, axeitada a realidade municipal, equilibrada, participada e axustada a estes principios de igualdade de oportunidades, -de conformidade co previsto no artigo 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas-, o Concello de Ferrol abre un período de consulta pública previa de 20 días hábiles ao documento de traballo elaborado pola área de Urbanismo e Mobilidade para a redacción dunha ordenanza de accesibilidade e supresión das barreiras arquitectónicas.

Os cidadáns, organizacións e as asociacións debidamente acreditadas poderán presentar as súas opinións e suxestións a fin de implementar e redondear a redacción da mesma.

A redacción establecerá as condicións precisas para conseguir unha sociedade inclusiva e accesible que garanta a autonomía das persoas, evite a discriminación e favoreza a igualdade de oportunidades para toda a cidadanía, especialmente para as persoas con diversidade.

Así mesmo, preténdese que o deseño e materialización da accesibilidade universal, nos procesos, proxectos, produtos e servizos, aporte plena seguridade no uso do medio físico e evite gastos posteriores de eliminación de barreiras. Esta normativa aplicarase nos deseños dos proxectos de urbanización e elementos do mobiliario urbano, así coma os elementos arquitectónicos compoñentes da edificación con independencia da súa titularidade, pública ou privada, ca fin de eliminar e evitar o uso de barreiras no concello.

O documento pódese consultar desde hoxe na seguinte ligazón, http://www.ferrol.gal/Sede/ConsultasPreviasAmpliar/2 e o prazo de 20 días para realizar as achegas comeza a contar desde o martes 3 de xullo ate o 31 de xullo.

¿Como facer achegas? Os cidadáns, organizacións e as asociacións rexistradas e interesadas en expor as súas consideracións poden facer facernos chegar as súas opinións e suxestións por estas canles no prazo de 20 días hábiles desde a data de publicación na web municipal por estas tres vías:

Escrito no Rexistro Central ou no de Urbanismo (rúa María, 52) dirixido ao Servizo de Urbanismo e Infraestructuras a través dun destes canles de participación:

a) Correo electrónico: planeamentoxestion@ferrol.es

b) No rexistro telemático do “Portal do cidadán” da Sede Electrónica da web do Concello de Ferrol (www.ferrol.gal), require certificado dixital ou DNI electrónico

Lea también

Presentación do libro «Ser Cetáceo» de Francisco X. Fernández Naval no Museo de Historia Natural de Ferrol

Este viernes 26 de abril a las 19:30 horas en el Museo de Historia Natural …