A concelleira de Turismo de Narón anima á veciñaza a participar no “IX Concurso de Fotografía»

A concelleira de Turismo do Concello de Narón, Natalia Hermida, anunciou a aprobación das bases da novena edición do Concurso de Fotografía Cidade de Narón. O prazo para poder presentar imaxes a este certame abrirase o vindeiro mes de setembro, pero a edil naronesa animou á veciñanza a consultar o contido das mesmas “para poder aproveitar tamén a tempada estival de cara a realizar e seleccionar as fotografías coas que queren optar aos premios deste concurso”.

A convocatoria diríxese a persoas maiores de idade e as imaxes deben reflectir a riqueza de Narón, na área patrimonial ou na monumental, arqueolóxica, en materia de espazos naturais de interese, de lecer, cultura, tecnoloxía ou festas populares. “O concello de Narón ten que ser o espazo recoñecible a través dalgún elemento destas fotografías”, subliñou Hermida, que apuntou que se repartirán un total de 1.200 euros en premios –o primeiro de 750, o segundo de 300 e o terceiro de 150-. Un xurado especializado concederá ata un máximo de 30 puntos a cada unha delas, valorando a súa calidade técnico-artística, a orixinalidade e o grao de representatividade do Concello (con ata 10 puntos en cada un destes criterios).

As fotografías, que deberán presentarse con pseudónimo, deberán entregarse no Rexistro do Concello (Praza de Galicia, s/n; CP: 15570, Narón) entre as 8.30 horas do 17 de setembro e as 13.00 horas do 28 de setembro, tal e como apuntou a responsable da área de Turismo da cidade.

Hermida recordou que “as doce imaxes con máis puntuación ilustrarán o calendario de sobremesa que o Concello editará para o ano 2019”. A edil naronesa convidou ás persoas interesadas en participar “a aproveitar as múltiples actividades culturais, deportivas, festas e outras propostas de lecer que se desenvolverán entre este mes de xullo e o vindeiro setembro na nosa cidade para realizar as fotografías para presentar a este certame, que cada ano conta con máis participantes, non só de Narón senón tamén procedentes doutros concellos”.

As persoas interesadas en consultar as bases completas desta convocatoria poden facelo a través da páxina web do Concello de Narón, no enlace: http://www.naron.es/web/docs/BasesIXConcursoFotografia.pdf  ou no Boletín Oficial da Provincial (BOP) deste venres, día 6, donde xa están publicadas. Para calquera aclaración sobre este concurso pódese chamar ao número de teléfono 981 337 700 (ext. 1517).

Lea también

La ASCM conmemora el día del libro con un MercaLIBRO solidario

La Asociación Sociocultural ASCM organiza este viernes 19 en el local social de A Gándara …