Camila Alonso, nas Series Mundiais de Hamburgo

Camila Alonso en Hungría – Triatlón Ferrol

Camila Alonso está desde este martes en Hamburgo preparándose para as Series Mundiais deste sábado.

A canteirá do Triatlón Ferrol chega como a 71ª mellor triatleta do mundo pero en fronte terá ás máximas estrelas, desde o primeiro dorsal con Katie Zaferes ata o último coa dobre medallista olímpica Nicola Spirig. Desta forma, dado o nivel da proba, as sensacións de carreira terán maior valor se cabe que o posto.

A ferrolá vén de ser presa dos nervios na semifinal da Copa do Mundo de Tiszaujvaros e en Hamburgo terá unha dobre de oportunidade de render a título individual e de poder ser seleccionada para formar parte do relevo mixto español que compita o domingo neste novo formato olímpico.

As Series Mundiais de Hamburgo disputaranse en distancia esprinte, a preferida por Camila Alonso, dando comezo este sábado ás 18.40 horas.

Lea también

June Moreno, quinta en la copa junior de Lignano

El pasado fin de semana se disputó en Italia, la Copa de Europa de Lignano, …