O BNG non apoiará as contas de Emafesa

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera que a decisión do goberno local de levar a comisión informativa, mañá martes, como paso previo para elevar ao pleno a aprobación das contas de EMAFESA dos anos 2014, 2015 e 2016 significa «que Ferrol en Común vai validar a xestión do Partido Popular de Rey Varela ademais de significar unha aposta pola continuidade do actual modelo e irregularidades na xestión do sistema de saneamento rexeitando así à posibilidade de camiñar cara unha xestión municipal deste servizo«.

Para o BNG validar estas contas significa «dar por bó o cobro dos 800.000 euros da taxa de depuración aos veciños e veciñas de Ferrol por un servizo que non se estaba a prestar e demostra o entreguismo de FeC as políticas herdadas do Partido Popular«.

O BNG sinala que non se poden aprobar as contas de EMAFESA porque «o goberno local incumpriu o compromiso, aprobado en xullo de 2015, de someter a esta empresa a dúas auditorias, unha económica e outra multidisciplinar co obxecto de regularizar a súa situación e como paso previo a que puidera ser fiscalizada«.

Así mesmo aprobar estas contas significaría «validar o PEC e as xestións e reparacións da EDAR«. Para os nacionalistas, o goberno local continúa coa «súa fuxida cara adiante e parece que non quere saber nada da derogación da taxa, asume os investimentos feitos na EDAR de Prioriño sen que foran responsabilidade municipal ademais de obviar que a Encomenda de Xestión da Depuradora feita a EMAFESA de xeito irregular non está en vigor. En vez de anular a encomenda de xestión a Emafesa e romper os convenios con Acuaes e Augas de Galiza para encauzar de forma eficiente e eficaz o saneamento o goberno local segue os dictados que fixan a parte privada de EMAFESA e o Partido Popular«.

Lea también

El Campus de Ferrol acoge la I jornada ¡Muévete!, sobre movilidad, promovida por ASCM

El próximo viernes 22 de marzo, de 10:00 a 19:30, la Escuela Politécnica de Ingeniería …