Este xoves comeza a Semana do Marisco, en Narón. Participan 12 establecementos hosteleiros

O Concello de Narón organiza a través do Club Narón Gastronómico, e en colaboración coa Confraría de Pescadores de Barallobre, a Semana do Marisco. O edil de Promoción Económica, Pablo Villamar, e o patrón maior da citada confraría, Carlos Rey, presentaron ao mediodía deste martes o evento, que comezará este xoves día 19 e se desenvolverá ata o 29 de xullo. Villamar agradeceu a colaboración dos doce establecementos que participarán na primeira edición da Semana do Marisco e tamén a implicación da Confraría de Barallobre.

“Nesta ocasión apostamos por promocionar produtos que son menos coñecidos da nosa ría”, asegurou Pablo Villamar, que avanzou que nos establecementos participantes se ofrecerán tapas, racións, ou se incluirán nos pratos do menú variedades como a ostra salvaxe, a mincha, a zamburiña, a ameixa rubia e o carneiro. Os establecementos participantes serán: A Bruxiña do Norte, Anacos, A Trasanquesa, El Colonial 1920, Gastrobar Piñeiros, Marcial, A Grella dos Avós, A Roldana, Casa Sindo, El Refugio, Mamá Flora e O Pío.

Esta actividade vai na liña de potenciar a hostalería local e tamén os produtos da ría seguindo unha explotación razoable, en colaboración coa Confraría de Barallobre, creando unhas sinerxias que cremos que son moi favorables para ambos sectores”, destacou Villamar.

Pola súa parte, Carlos Rey valorou a calidade dos produtos da ría e animou á veciñanza da comarca a coñecelos e consumilos a través desta iniciativa, asegurando que “a xente que os proba está sempre moi contenta co resultado”.

O edil naronés recordou que hai tan só uns días se celebraba a segunda edición da Alteada en Xuvia, co mesmo espíritu de promocionar e potenciar os produtos da ría de Xuvia, nese caso da ameixa rubia. Así mesmo, Villamar aludiu tamén ao obradoiro previo á Semana do Marisco, impartido este mesmo mes e dirixido ao sector hostaleiro, no que participaron unha vintena de persoas. O cociñeiro do restaurante A Gabeira, Miguel Campo, formou aos asistentes en técnicas de conservación e preparación de diversos pratos e creacións gastronómicas a base de marisco.

“Trátase de produtos que non son tan coñecidos como outros pero de  moi boa calidade”, subliñou Villamar, que animou á cidadanía a acudir aos establecementos participantes para poder degustar estas variedades de marisco, moi apreciado tamén fóra de Galicia e de España e cunha importante demanda.

Lea también

O Concello de Narón destina 106.000 euros a tres obras de mellora de eficiencia enerxética na zona de Xuvia

O Concello de Narón destina unha partida de 82.235 euros á mellora do sistema de …

2 comentarios

  1. ¿¿12 locales?? Cada vez quedan menos…. hace 3 años había casi 30. Buen ejemplo de fracaso.

  2. Este tipo de iniciativas funciona bien con precios populares. Por iso van a menos