O goberno municipal presentou o «Pacto pola Movilidade Sostible 2018»

A concelleira de Urbanismo e Mobilidade, María Fernández Lemos, informou esta mañá da presentación do “Pacto pola Mobilidade 2018” na comisión de Medio Ambiente, Urbanismo, Servizos, Obras e Seguridade que tivo lugar esta mañá. O documento será agora levado ao pleno ordinario de xullo, que se celebrará o xoves 26.

Este “Pacto pola Mobilidade Sostible 2018” basease nos principios da sostibilidade, a accesibilidade, a seguridade, a eficiencia, a calidade de vida, a planificación urbanística, o dinamismo económico e a integración de colectivos e administracións. O seu obxectivo principal é mellorar a mobilidade urbana, fomentando o transporte público e alternativo ao vehículo privado (en bicicleta, a pé) poñendo o énfase na importancia da seguridade viaria e da sostibilidade medioambiental.

O documento é o resultado dun longo proceso de traballo e recolle achegas de todos os grupos políticos, así como de diversas entidades sociais. Reflicte todas as sensibilidades co obxectivo de que a ruta que se defina logre o obxectivo primordial de mellorar o transporte e camiñar cara unha mobilidade sostible na cidade.

Lea también

O Campus Industrial de Ferrol acolle a I Xornada de Enfermaría Laboral

A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares Pernas; a presidenta do …