Este sábado, XXVIII Festival Internacional de Folclore no Pazo da Cultura de Narón

Grupo Magisterio

A XXVIII edición do Festival Internacional de Folclore, organizado polo Padroado da Cultura de Narón, marcará o inicio da programación cultural desta fin de semana na cidade. A cita desenvolverase pola tarde deste sábado, a partir das 21.00 horas no Pazo da Cultura, e aínda poden adquiririse na billeteira do Pazo algunhas entradas dispoñibles, a un prezo de dous euros.

Tamén durante a xornada deste sábado, en horario matinal, actuarán en tres prazas da cidade algunhas das agrupacións musicais que participarán neste evento: a Banda de Gaitas e o grupo de música e danza tradicional Alxibeira, do Padroado da Cultura, e as agrupacións Maxisterio, de Albacete; Bakalama, de Senegal; Ecos da Montaña, de Daguestán, e CreaDanza, de Colombia.

Antes do inicio do festival  sobre as 20.30 horas, a alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, presidirá un acto de recepción oficial no Pazo ás agrupacións que participan nesta edición do festival, ao que tamén están convidados os portavoces dos grupos políticos da corporación local.

Ás 12.00 horas está programada unha actuación na Praza do Colexio de Xuvia e a partir das 12.30 dúas máis, na Praza da Gándara e na da Constitución (A Solaina) con algunhas das agrupacións e previas ao festival da noite no Pazo.

Grupos participantes

-Grupo de danzas Magisterio, de Albacete

Formación creada na Facultade de Maxisterio da capital manchega no ano 1977, da que tomou o seu nome. Está integrada por 50 persoas, das que 15 interpretan a música e o resto integran o corpo de baile.

O seu traballo dirixido a manter vivo o folclore de Albacete e a súa contorna, onte recolleron as seguidillas, xotas, torrás, pardicas, fandangos, etc que compoñen o seurepertorio.

Grupo Bakalama

-Grupo de danzas Bakalama, de Senegal

Naceu como unha organización benéfica na aldea senegalesa de Thionck-Essyl e o seu nome é o dun mago que vive nas vides e que ten o valor da unidade e a solidaridade para as xentes do pobo. A formación interpreta os bailes tradicionais dos senegaleses, vencellados ás celebracións e acontecementos da vida.

 

-Conxunto coreográfico “Ecos da Montaña”, de Daguestán

É unha formación nova, creada no ano 2014, que traballa na conservación e difusión do folclore do norte do Cáucaso. Interpretan o Lezginka, un baile tradicional de parella, e outras 13 danzas propias desta república rusa.

Crea Danza

-Compañía artística “Crea Danza”, de Colombia

Desde 2013, esta formación está dedicada a ofrecer unha interpretación contemporánea das tradicións e costumes do país.

-Grupo Alxibeira, do Padroado de Cultura de Narón

 Banda de música e baile tradicional galego creado en 1986

Alxibeira

ao abeiro das escolas municipais do Padroado de Cultura de Narón, cun repertorio formado por cantigas e danzas propias de aldeas de Lugo, Pontevedra e A Coruña.

-Banda de Gaitas do Padroado da Cultura de Narón

Baixo a dirección de Román Romero, esta formación está

Banda Narón

composta por 45 compoñentes, procedentes das escolas de gaita, percusión e pandeireta. Na súa traxectoria, que comezou en 1985, conta con destacadas actuacións en Portugal, entre elas na inauguración da Expo de Lisboa, e moitas outras en festas e romerías populares.

Lea también

A Biblioteca de Narón e a Axencia de Lectura da Gándara retoman “Trocolibro”

A Biblioteca de Narón e a Axencia de Lectura da Gándara retoman dende este luns …