O Concello de Ferrol e o Patronato Concepción Arenal asinan un convenio para o mantemento dunha vivenda tutelada

Sainza Ruiz e Beatriz Dorrio asinando o convenio – Concello de Ferrol

A concelleira de Igualdade e Muller, Saínza Ruiz, asinou esta mañá un convenio de colaboración entre o Concello e o Patronato Concepción Arenal, representado pola súa presidenta, Beatriz Dorrio. O obxecto desta colaboración é financiar os gastos de persoal, mantemento e correntes do “Programa de intervención con mulleres en dificultade social e os seus fillos/as” no ano 2018. O convenio ascende a 21.500 euros para o mantemento dunha vivenda tutelada.

Este programa pretende dar resposta ás demandas de mulleres da comarca de Ferrolterra (e mesmo do resto de Galicia), así como dos seus fillos e fillas, que se atopan nunha situación de dificultade social, dotando de medios que lles permitan lograr a autonomía persoal e levar a cabo un proceso de empoderamento progresivo desde un punto de vista integral, tendo en conta todas as áreas (psicosocial, laboral, de menores, legal…, para lograr deste modo un proceso de inserción sociolaboral.

A concelleira destacou a importancia dun programa que facilita “o tránsito a unha vida autónoma” unha vez que as mulleres atendidas deixan os recursos municipais, como é o caso da Casa de Acollida municipal que “foi pioneira no Estado”, sendo a primeira en ser xestionada integramente de forma pública.

A presidenta da entidade, Beatriz Dorrio, destacou o carácter pioneiro dun programa que permite que os fillos e as fillas das mulleres en situación de dificultade convivan coas súas nais mentres son menores de idade. Quixo tamén agradecer al Concello “que todos los años se acuerden de nosotros” e á cidade os “112 anos que levamos aquí”.

Lea también

Centenares de estudiantes se manifiestan en Ferrol contra el machismo en las aulas

El Sindicato de Estudiantes y el colectivo Libres y Combativas convocaron para este miércoles una …