Juanchi González, novo clasificado do Triatlón Ferrol para o campionato galego

Juanchi González na proba – Triatlón Ferrol

O Triatlón Ferrol suma dez clasificados para o campionato galego ao sumar en Arteixo a praza de Juanchi González.

Nunha xornada de bandeira vermella na praia de Sabón, o segmento de natación quedou suspendido e os deportistas deberon competir nun dúatlon alternativo onde o triatleta do club departamental finalizou 27º, logrando un billete para o campionato galego que se celebrará en Ferrol o 19 de agosto.

Moi preto rematou o cadete da Escola Javi Gómez Noya, foi 39º Jorge Morado. Como mellor triatleta da segunda das categorías de veteranos, Álvaro García finalizou 47º na xeral. Por detrás viron Pablo Sanjurjo -55º- e Borja Catrufo -70º-

Lea también

Partido Ecoembes, pistoletazo de salida a la campaña “Somos especiales, reciclamos”

El domingo 31 de marzo y como parte de la campaña «Somos especiales, reciclamos» que el …