Este sábado empezará a terceira edición do roteiro “Ferrol Rebelde”

Álvaro Montes e Olga Romasanta nunha presentación – Concello de Ferrol

Tras o éxito das anteriores edicións, os sábados do mes de agosto quedan reservados para o roteiro “Ferrol Rebelde” sendo presentada na mañá do martes polo concelleiro de Participación, Álvaro Montes, acompañada da representada da cooperativa Rexenerando, Olga Romasanta.

O obxetivo desta edición “é tratar de facer Ferrol Rebelde no periodo vacacional e que a xente sexa partícipe desta recuperación da memoria”, afirmaba o concelleiro de Participación, Álvaro Montes, nun roteiro que comezará en 1872 “coa procramación da Primeira República en Ferrol” e finalizará en 1975 “co asasinato de Moncho Reboiras.”

Ao mesmo tempo o Álvaro Montes non quixo pasar por alto todo o sucedido nestes últimos días trala aprobación no pleno do luns da retirada de tódolos símbolos franquistas existentes a día de hoxe na cidade sendo este proceso de recuperación de memoria “un exercicio de xustiza” e que vai máis alá “que de unha retirada de cadros na sala de alcaldes”, onde na actualidade a sociedade galega e española “é madura.”

Olga Romasanta afirmaba que Ferrol Rebelde “é un paseo por 100 anos da nosa historia”, por lugares de Ferrol “polos que pasamos moitas veces, pero rascando nas capas, para contar a historia”, a cal se conta “dunha maneira vanguardista.” Neste Ferrol Rebelde “falaremos do golpe, da Guerra Civil, do franquismo e da rearticulación do pasado obreiro”, sendo isto importante “para entender o presente e o futuro.

Este roteiro de dúas horas de duración, que terá lugar todos os sábados de agosto, a partir das 12:30 horas, co punto de partida no Palco da Música do Cantón de Molíns. As inscripcións, que son gratuitas, deben facerse no teléfono 698.157.414 ou no email info@rexenerando.com.

Lea también

La Cátedra Jorge Juan, promovida por la UDC y la Armada, conmemora su 30 aniversario en el Campus de Ferrol

El rector de la Universidad de A Coruña, Ricardo Cao Abad, presidida, junto con el almirante …