Este mércores comeza Odeón Bulevar Festival en Narón con concertos de grupos de Ferrolterra, Vigo e Pontedeume

Five Strings Band-Ferrolterra

A cuarta edición do Odeón Bulevar Festival organizado polo Concello e unha decena de hostaleiros da Gándara –en colaboración con outros establecementos da zona- comezará mañá pola noite co Rockin´ Odeón. A rúa Cataluña acollerá un completo programa musical que dará comezo ás 21.00 horas e que previamente inclúe unha gran festa infantil, con atraccións para as nenas e nenos e unha festa da escuma a partir das 17.00 horas.

Este mércores, día 1

Debosses,  Pontedeume

A música da primeira xornada do Odeón Bulevar Festival, que este ano por vez primeira se celebrará durante dous días, inclúe os concertos de Five Strings Band, un grupo de Ferrolterra que presentará o seu novo disco (o quinto), Everlasting love; Vandallica, de Vigo, que homenaxeará a Metallica, e a banda eumesa de blues e rock Debosses, que rendirá un tributo a Bruce Springsteen, cun repertorio dos temas máis recoñecidos do cantante estadounidense.

Xoves, día 2

Limones

O xoves, día 2, celebrarase a partir das 21.30 horas o Odeón Bulevar Festival, coas actuacións –todas elas de balde- de La Guardia, Los Limones, a banda de pop-rock Nuevo Plan e o trío Malditos Pendejos. Será unha xornada para repasar a música da década dos 80 da man de catro grupos musicais, con temas pop e rock de recoñecidos artistas.

O escenario das actuacións ubicarase na rúa Cataluña, que permanecerá pechada ao tráfico rodado. Os vehículos poderán estacionar, a maiores de nas rúas próximas á zona do evento, no aparcadoiro soterrado do Centro Comercial Odeón, que permanecerá aberto durante as xornadas de mañá e o xoves pola noite.

Lea también

A REGAPS da Área Sanitaria de Ferrol organiza un ciclo adicado á Fibromialxia no centro de saúde de Narón

A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) e a Subdirección de Humanización, Calidade e …