Camila Alonso mídese ás mellores triatletas de Europa

Camila Alonso nunha proba – Triatlón Ferrol

Camila Alonso está xa en Glasgow para competir este xoves no Europeo de tríatlon.

A canteirá do Triatlón Ferrol prepararase na xornada do mércores facendo o recoñecemento dos percorridos e pensando na súa estratexia para enfrontarse á dobre medallista olímpica Nicola Spirig ou promesas como Cassandre Beaugrand, recente campioa das Series Mundiais de Hamburgo.

A ferrolá viaxou con enerxías renovadas despois de poder adestrar de forma continuada xa viña de encadenar tres semanas consecutivas competindo.

O campionato de Europa de tríatlon celebrarase o xoves desde as 13:30h –hora local- na modalidade olímpica de 1.500 m de natación, 40 km de ciclismo e 10 km de carreira a pé.

Lea también

El Racing infantil logra un brillante ascenso a División de Honor

El Racing infantil certificó el domingo su ascenso a División de Honor tras derrotar al Vitoria. …