O Padroado da Cultura de Narón ofrece unha interesante programación a partir de setembro

O Padroado da Cultura de Narón retomará o vindeiro mes de setembro a actividade con varias representacións no Pazo da Cultura.

En setembro

A programación arrancará o 15 de setembro co novo espectáculo de Mofa e BefaCranios Privilexiados.
O 22 de setembro chegará a quenda da obra “El funeral” cun elenco formado, entre outros, por Antonio Resines e Concha Velasco. O teatro continúa os días 28 e 29 de setembro da man da compañía Teatro do Noroeste, que porá en escena a obra de Valle-Inclán “Avaricia, luxuria, morte”.

En outubro

O sábado 6 de outubro chega a quenda da música coa cantante Luz Casal e o seu novo traballo “Que corra el aire”; as entradas para este espectáculo están esgotadas dende hai semanas.
O domingo 7 de outubro é a quenda do primeiro dos espectáculos infantís programados ata final de ano. Trátase da obra musical “Os tres porquiños”, e está recomendado para nenos e nenas a partir dos 2 anos.
A compañía “Teatro do Atlántico” porá en escena os días 19 e 20 de outubro a obra “Dúas donas que bailan”

O circo tomará o relevo o domingo 21 de outubro no escenario do Pazo da Cultura coa Compañía Nueveuno e o seu espectáculo Sinergia 3.0, unha combinación de danza, malabares, equilibrios e tecnoloxía sobre unha fantástica música orixinal.
O sábado 27 chega a danza; a compañía SEDA pon en escena o seu espectáculo “Concierto para un alma”

O teatro para todos os públicos volta de novo á escena do Pazo da Cultura naronés o 28 de outubro ás 18 horas, nesta ocasión representarase a obra “A nena e o grilo máis alá” unha montaxe de Teatro dos Ghazafellos/Urdime, con Pepablo Patinho, Montse Piñón e Jorge Casas.

En novembro

No mes de novembro o teatro e o ballet centrarán a actividade do Pazo da Cultura de Narón. O día 1 os actores Dani Rovira, JJ. Vaquero e Iñaqui Urrutia porán en escena a comedia para maiores de 16 anos “Monólogos interruptus”. Tomará o relevo o sábado 3 a compañía Nueve de Nueve coa obra de teatro actual “La extinta poética”, mentres que o domingo 4 será a quenda de La teta calva coa obra ”Las aventuras de Tom Sawyer”

O ballet de Victor Ullarte subirá ao escenario do Pazo da Cultura de Narón o sábado 10 de novembro para representar, máis dun século despois da súa estrea, unha nova proposta da obra “Carmen”.
O sábado 17 de novembro volve o teatro actual ao Pazo de Cultura coa obra “¿Quién es el señor Schmitt?” protagonizada por Javier Gutiérrez e Cristina Castaño.

Coa obra “Alegría, palabra de Gloria Fuertes”, retorna o domingo 18 de novembro ao Pazo de Cultura o teatro infantil-xuvenil, cun espectáculo no que dous traballadores do antigo circo Crocodilo vive rodeados de contos e poemas de Gloria Fuertes.
Para rematar o mes de novembro, o sábado 24 a compañía Unahoramenos Producciones pon en escena “Tal vez soñar”.

En decembro

En decembro a oferta cultural é se cabe aínda máis variada. Comezamos o mes o domingo 2 de decembro con teatro para bebés (a partir de 6 meses) da man da compañía Teloncillo Teatro e a súa obra “La granja”.
O venres 14 é o turno do Ballet Nacional Ruso que levará aos escenario naronés a obra “La bella durmiente”.Ao día seguinte, o sábado 15, “Xavier Díaz e as adufeiras de salitre” encherán de música tradicional o escenario do Pazo da Cultura.
O venres 21 de decembro remata a programación con The Chicago Mass Choir, o coro de gospel fundado por James C. Chambers que emociona a audiencias de todo o mundo coa beleza das súas voces , a contaxiosa enerxía do seu ritmo e ás súas conmovedoras cancións de esperanza.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …