O Concello de Narón asina un convenio con Solidaridade Galega co Pobo Saharaui

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, acompañada da Concelleira de Acción Social, Catalina García, Maite Isla, presidenta de Solidaridade Galega co Pobo Saharaui asinaron na mañá deste xoves no Concello un convenio de colaboración en materia de acción social destinado ao Programa Vacacións en Paz A rexedora local destacou o traballo que realiza a ONG SOGAPS cos nenos e nenas que cada ano participan neste programa e anunciou unha aportación das arcas locais de 7000 euros.

Pola súa banda, a presidenta da entidade agradeceu o compromiso do Concello de Narón con este programa, e a sensibilidade que sempre amosou coa causa do Pobo Saharaui. Tamén resaltou a importancia que para os nenos e nenas beneficiarios deste programa ten poder saír dos campamentos de refuxiados nos meses máis duros do verán, indicando asimesmo que os rapaces aproveitan a súa estancia para realizar revisións médicas e oftalmolóxicas.

Por último, tanto a alcaldesa de Narón como a presidenta de SOGAPS animaron aos veciños e veciñas do concello a interesarse polo programa Vacacións en Paz para participar como familias de acollida de cara ao vindeiro ano.

Lea también

Charlas dirixidas a familias con menores matriculados nas escolas infantís de Narón

A edil de Ensino do Concello de Narón, Olga Ameneiro, informou que os días 22 …