A celebración do Trofeo de Fútbol Cidade de Narón medirá os catro clubs con equipo sénior do Concello

Nicolás Manso, Román Romero e Manolo Mesa na presentación – Concello de Narón

O Club San Mateo e o Club Deportivo Narón disputarán o vindeiro luns 13 de agosto ás 20 horas no Campo de Fútbol de San Mateo a primeira das semifinais do Trofeo de Fútbol Cidade de Narón que esta mañá foi presentado no Concello polo Concelleiro de Deportes, Román Romero. O martes 14 á mesma hora no Campo do Cadaval será o turno do Club de Fútbol Estrella e da S.D. O Val, na segunda das semifinais.

A derradeira xornada será o sábado 18, nesta ocasión no Campo de Fútbol do Val. Ás 18.00 horas xogarán polo terceiro posto os perdedores de ámbalas dúas semifinais e ás 20.00 horas disputarase a final.

O edil asegurou que era “unha satisfacción” poder organizar novamente un dos eventos deportivos senlleiros do concello e darlle continuidade este verán despois de telo recuperado hai dous anos. “É tamén un pracer poder contar cos catro clubs do concello, coa excepción do Freixo que, como sabedes, non ten aínda equipo nesa categoría”, dixo.

O concelleiro de Deportes, estivo acompañado polo presidente do Club San Mateo; Nicolás Manso, quen manifestou que este trofeo serve para animar a pretempada dos equipos participantes, así como de Manuel Mesa en representación da Delegación de Ferrolterra da Real Federación Galega de Fútbol, quen indicou que dende esta institución sempre se está en disposión de colaborar neste tipo de torneos.

O Concelleiro de Deportes animou á veciñanza de Narón e comarca a asistir aos encontros e lembrou que a entrada é de balde.

Lea también

El 5 de mayo, Torneo 3X3 de baloncesto “Jornada Histórica de la Armada “, en Ferrol

El próximo domingo, día 5 de mayo, en el contexto de las actividades que se …