Miriam Casillas probarase este sábado na Copa do Mundo de Lausana

Miriam Casillas adestrando en Malmö (Suecia) – Triatlón Ferrol

Miriam Casillas disputará este sábado a Copa do Mundo de Lausana sen pensar nun resultado e só en volver sentirse competitiva.

A internacional do Triatlón Ferrol terá como rivais á recente campioa de Europa por sexta vez, Nicola Spirig, ou á italiana Verena Steinhauser, bronce na Copa do Mundo de Amberes e top-30 mundial.

Pola súa banda, a triatleta de Badaxoz é cauta no seu regreso tras lesión aínda que gañase hai dúas semanas a Copa de Europa de Malmö porque polo momento non está ao seu mellor nivel correndo e a proba suíza será en distancia olímpica, o dobre da cita sueca. “Quiero sacar la natación y el ciclismo que tengo ahora y, con la carrera a pie, pocas expectativas pero voy a darlo todo”, avanza Miriam Casillas.

A Copa do Mundo de Lausana dará comezo este sábado ás 13.00 horas en distancia olímpica de 1.500 m de natación, 40 km de ciclismo e 10 km de carreira a pé.

Lea también

El Club de Golf Campomar acogió el I Memorial Carmen Lanza

Este fin de semana, viernes 18 y sábado 19 se celebró en las instalaciones del …