Sete integrantes do Triatlón Ferrol, a por praza para os Mundiais 2019 en grupos de idade

Juanchi González en Avilés – Triatlón Ferrol

Pontevedra será sede de cinco mundiais en 2019 e esta fin de semana celebra dúas probas clasificatorias para participar nas competicións populares. Conseguir unha delas é o reto de sete integrantes do Club Triatlón Ferrol.

Por unha banda, no campionato de España de tríatlon de longa distancia, Edu Saavedra, no esixente grupo de idade de 30-34 anos, e Juanchi González, en 45-49, deberán meterse entre os 20 mellores da súa categoría para conseguir praza directa. Para iso deberán superar con éxito un percorrido de 3.000 metros de natación, 120 km de ciclismo e 30 km de carreira a pé despois dunha posta a punto que culmina despois de meses de adestramento e que mesmo lles obrigou a ter que renunciar a competir no campionato galego celebrado en Ferrol pensando en render este sábado.

Pola outra, o campionato galego de tríatlon cros e proba puntuable para o Copa de España vai repartir 25 prazas para o Mundial de 2019. O sub-23 Pablo Pedrosa, os absolutos Ricardo Fernández e Gonzalo Jiménez e os veteranos Marcos Caneiro e Manu Pita tentarán meterse entre os mellores de España desta modalidade. Decidirase sobre 1.000 metros de natación, 30 km de bici de montaña e 8 km de carreira campo a través.

Lea también

O Café Candelas O Parrulo “B” juega ante el Caja Rural Atlético Benavente

Los ferrolanos necesitan los tres puntos en su lucha por la permanencia. Empieza la recta …