Este venres Esteiro acolle o partido solidario do Concello e SOPAGS en apoio o pobo saharaui

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Benestar Social que dirixe a concelleira Saínza Ruíz, ven de lanzar hoxe un convite público para que a veciñanza se sume mañá a xornada lúdica deportiva e, sobre todo, solidaria de apoio ao pobo saharaui, para este vindeiro venres día 24.

Esta xornada terá lugar no pavillón municipal de Esteiro entre ás 16.30 e as 20.30, a que se pode acudir como participantes ou como público.

Nesta cita, tal e como explicaba hoxe en rolda de prensa a concelleira, contarase coa presenza (e colaboración) de O Parrulo Fútbol Sala, Club Universitario Ferrol, o baloncesto base da man de Club Baloncesto Base Costa Ártabra, os/as rapaces/zas do Campus Chiquibasket, a Asociación Ferrolana de Fútbol, e os/as rapaces/zas de Vacacións en Paz que están a desfrutar dunhas semanas na nosa cidade.

Por suposto, poñer en marcha este evento non sería posible sen a participación de SOGAPS, que contarán, no partido/pachanga, con membros da corporación local de Ferrol, co alcalde, Jorge Suárez, a concelleira Saínza Ruiz, Álvaro Montes, de Seguridade e Participación, e representantes dos grupos municipais do PP e do PSOE.

Dende o Concello tamén teñen que agradecer a boa disposición de Ricardo Aldrey, que se suma, como dous xogadores de O Parrulo e dúas do Baxi Ferrol, ademais de nove nenas e nenos do programa ‘Vacacións en Paz’.

Por último, o Concello agradecertamén a colaboración da Asociación Ferrola de Fútbol que achega parte do equipamento (petos, … ) para facer destes partidos unha festa divertida con fins solidarios nos que poder facer a achega a SOPAGPS para o importante labor que desempeñan a través da venda de rifas solidarias.

Lea también

El alcalde de Ferrol mantiene una reunión con la presidenta de Dignidad, Lola Romero

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, se reunió en la mañana de este …