Talleres Trigo proclámase campións do Torneo de Fútbol Sala OcioSol

Foto de familia tras a entrega de trofeos – Concello de Valdoviño

Talleres Trigo proclamouse a pasada semana campión por partida dobre do Torneo de Fútbol Sala Ociosol. Primeiro, superando na gran final ó Gonnaba e alzando o trofeo como mellor equipo da competición, que organizou durante os meses de verán a Concellería de Deportes de Valdoviño. Así mesmo, Talleres Trigo tamén recibiu a distinción especial da organización á deportividade. Ademais, na final de consolación disputada no pavillón municipal do Longoiro, na que se xogaba polo terceiro e cuarto posto, o Esteagua de Mondariz impúxose ó Estrella Coja.

Na entrega de trofeos presidida polo alcalde, Alberto González, xunto ó edil de área, Sergio Saavedra, o Concello tamén quixo destacar e agradecer a participación feminina na competición e entregou sendas distincións a María Vieira (Mavi) do equipo Lago FS; Lidia Mesías, do Estrella Coja, e Laura Veiga, do Friday Night. Nesta liña, o edil Sergio Saavedra puxo en valor a súa valentía e o seu papel a favor da promoción da igualdade no deporte. O mellor broche de ouro á competición.

Lea también

Partido Ecoembes, pistoletazo de salida a la campaña “Somos especiales, reciclamos”

El domingo 31 de marzo y como parte de la campaña «Somos especiales, reciclamos» que el …