As irmás Alonso optan ás medallas do campionato de España de tríatlon na Coruña

Carmen Gómez e Camila Alonso nun podio – Triatlón Ferrol

Cinco deportistas do Triatlón Ferrol competirán este sábado no campionato de España de tríatlon na Coruña. Como favoritas, Camila e Melina Alonso encabezan unha expedición que completan Carmen Gómez, Ana Carvajal e Marcos Ruiz.

Ademais das posibilidades de medallas a nivel individual, o equipo feminino estará loitando polo título por clubs que xa conseguiu no campionato de España esprinte co triunfo de Melina Alonso e os tempos de Gómez e Carvajal.

Na competición masculina, aínda que non ao 100 % fisicamente, Marcos Ruiz ten gañada a súa praza para medirse á elite nacional.

Na proba de grupos de idade, o Triatlón Ferrol contará o domingo con once representantes: Pablo Pedrosa –na categoría de 20-24 anos-, Borja Catrufo e Ricardo Fernández -25-29-, Luis Rilo e Gonzalo Jiménez -35-39-, Marcos Caneiro, Juan Díaz, Héctor Mera e Pablo Sanjurjo -40-44-, José María Eiroa -45-49- e Manu Pita -50-54-.

O campionato de España de tríatlon celebrarase en distancia olímpica de 1.500 m de natación, 40 km de ciclismo e 10 km de carreira a pé, coas saídas elite programadas para o sábado ás 16:40 h a proba feminina e 19:10h a proba masculina, retransmitidas en directo pola web de LaLiga4Sports.

Lea también

Partido Ecoembes, pistoletazo de salida a la campaña “Somos especiales, reciclamos”

El domingo 31 de marzo y como parte de la campaña «Somos especiales, reciclamos» que el …