Marcos Ruiz, repite subcampionato galego de ácuatlon

Marcos Ruiz na proba – Triatlón Ferrol

Marcos Ruiz logrou en Combarro o subcampionato galego de ácuatlon por segundo ano consecutivo.

O canteirán do Triatlón Ferrol rematou os 1.000 de natación no quinteto de cabeza e foi o único que lle puido seguir a estela ao líder da proba, marcando o terceiro mellor parcial a pé no 5.000 final.

Detrás do triatleta de Fene, Pablo Pedrosa rematou en 19ª posición e Borja Catrufo, 25º.

Nas categorías de base, a Escola Javi Gómez Noya sumou seis podios cos ouros da benxamín Lucía Villarnovo e o infantil Alejandro Rodríguez, as pratas do benxamín André Ordiales, a alevín Lucía Piñón e da infantil Sabela Caneiro e o bronce da cadete Carmen Jiménez.

Lea también

Álex Rilo, representación ferrolana en la Copa del Mundo de Lievin

El ferrolano Álex Rodríguez Rilo disputará este sábado la Copa del Mundo de Lievin en …