Este sábado retómase a programación no Pazo da Cultura de Narón con Mofa e Befa

O Padroado da Cultura de Narón retomará a súa programación o vindeiro sábado, día 15. O espectáculo teatral, «Cranios privilexiados ou crítica da razón perralleira» marcará o inicio das múltiples e variadas propostas teatrais, musicais e de danza que, para todo tipo de público, se sucederán no Pazo durante o último cuadrimestre deste ano.

A compañía Produccións Teatrais Excéntricas será a encargada de representar esta obra –a partir das 20.00 horas- cun prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para aboados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). As entradas poden adquirirse na billeteira do Pazo ou a través da web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

«Cranios privilexiados ou crítica da razón perralleira» é o novo espectáculo do dúo cómico integrado por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira, Mofa e Befa. Baixo a dirección de Natasha Lelenco, e con Josito Porto e Víctor Mosqueira como actores, abordarán sobre o escenario a filosofía do perralleirismo. O mundo das apariencias e o da verdade centran a temática desta obra, na que os actores tratarán de conmover ao público sen perder de vistas as emocións. Trátase de dos cránios privilexiados na procura dunha serie de respostas reais ás preguntas do día a día.

Lea también

Narón acomete melloras no firme de varios parques infantís

A alcaldesa da cidade de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Obras e Urbanismo, …