O Concello de Narón destina 27.000 euros á instalación dun sistema de rego automático nun tramo do paseo marítimo de Xuvia

Os traballos de instalación dun sistema de rego automático en zonas verdes do paseo marítimo de Xuvia comezaron a executarse esta mesma semana. O concelleiro de Servizos do Concello de Narón, Ibán Santalla, explicou que se trata dunha intervención que suporá un investimento de 27.278 euros e ten un prazo de execución de tres meses. “Permitirá “mellorar considerablemente unha zona na que o céspede require un mantemento e rego constantes”, recalcou o edil.

Esta intervención, tal e como apuntou Santalla, permitirá instalar este servizo nun área de 23.800 metros cadrados. “Trátase dunha zona moi concreta, que se elixiu para esta fase das obras porque é a máis próxima aos colexios, o parque infantil e o biosaudable, a pista polideportiva, o que fai que sexa unha das máis utilizadas para levar a cabo múltiples actividades durante boa parte do ano, xeralmente entre os meses de maio e outubro”, apuntou. O feito de instalar o rego automático nesta zona verde “mellorará considerablemente o estado no que se atopa o céspede e tamén beneficiará as árbores que medran nese tramo do paseo de Xuvia”, recalcou.

A maiores das actividades que se programan anualmente no paseo de Xuvia, outro dos factores que influíu no deterioro dese espazo verde da cidade foi a execución das obras dos colectores xerais do saneamento da ría. “Os traballos prolongáronse durante varios meses e afectaron a un tramo moi importante do paseo, donde se realizaron as zanxas necesarias para instalar os tubos do saneamento e iso afectou á zona verde, que aínda arrastra os efectos deses traballos que, por outra parte, eran moi necesarios para a depuración das augas residuais”, asegurou Santalla.

A actuación en execución no paseo de Xuvia consiste en levantar e reparar antigas arquetas –a zona conta cunha instalación de rede xeral- e colocar aspersores dun alcance medio de dez metros, para cubrir a totalidade da zona na que se proxectaron estes traballos. As obras completaranse co acondicionamento das áreas afectadas, a reposición de terra e céspede nese tramo e, a maiores, a plantación de vinte e seis árbores de protección da zona máis utilizada.

Unha vez rematadas, estas obras permitirán mellorar o paseo de Xuvia, que xunto cos de Freixeiro e A Gándara “constitúen os pulmóns verdes da cidade, uns espazos deseñados para o desfrute das veciñas e veciños de Narón pero tamén para aqueles chegados doutros municipios, nos que se localizan parques infantís, biosaudables, e nalgúns casos como o de Xuvia circuítos vita e pista polideportiva”, destacou Santalla.

Lea también

Unha unidade móbil ADOS estará operativa o venres 26 en Narón, no barrio de Xuvia

Unha das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará este …

Un comentario

  1. Casi 5.000 euros los destinaron a localizar los puntos de riego del sistemas anterior, que no lo sabían. Es normal gastarse ese dinero cuando ya había un sistema anterior? Es normal tener que gastar 5.000 euros en localizar algo que ya deberían tener localizado? Algo falla mucho en la gestión municipal ultimamente.