O Esteo estreouse con derrota diante da súa afección

Os xogadores de O Esteo celebrando un gol – Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) Derrota do O Esteo pontés de fútbol sala 2-4 ante o Xove no seu primeiro encontro da tempada nun moi caloroso Pavillón da Fraga.

Nun primeiro período de dominio alterno, resaltar varias paradas de Javichu, e un disparo de Pana, unha falta de Jacobo e un remate do mesmo xogador ferrolán ó longueiro.

Cando semellaba que se ía chegar con 0-0 ó descanso, os visitantes adiantáronse por medio do goleador Manu, pero antes de alcanzar o intermedio voltaba a poñer a igualada Alex Durán.

Ao pouco da reanudación, tras un disparo cruzado de Rober Paz dende fóra da área poñíase por diante O Esteo, pero Javichu voltou a ser protagonista tras realizar varias paradas ós visitantes, especialmente a Cora, ata que mediado o segundo período empataba Pancho nunha contra.

Os locais tamén tiñan as súas, en concreto tres aproximacións de Pana. Pero Jacobo, cuns colexiados extremadamente tarxeteiros, foi rigurosamente espulsado, e no xogo en superioridade os visitantes anotaban o 2-3 por medio de Sergio Cora.

Máis surrealista foi o final do encontro cando con porteiro xogador os locais, e faltando un minuto, un futbolista visitante tirado no chan dalle ó balón coa man e incluso o empurra cara diante, perdoandolle os colexiados a sexta falta a un equipo visitante que por riba na mesma xogada anotou o 2-4 definitivo a porta baleira.

Erro impropio duns colexiados desta categoría, que anteriormente non expulsaron a un visitante cando un xogador local marchaba só e foi agarrado e derrubado, ou no primeiro tempo non deixaron seguir unha xogada que acabou en gol dos lucenses.

O equipo da Mariña é imbatible en terreo pontés pois xa gañaron dúas veces na Fraga ademáis de lograr outros dous empates.

Na vindeira xornada O Esteo visita ó Sala Ourense que retornou á categoría dende a Terceira División, aínda que non conseguiu puntuar ata o momento.

O ESTEO FS: Javichu, Cokito, Alex Durán, Rober Paz, Jacobo– cinco inicial – Héctor, Pana, Troncho, Dani, Ayala.

SD XOVE FS: Samuel, Nete, Souka, Bruno, Pancho– cinco inicial – Juanpe, Keko, Marcos, Mini, Manu, Cora.

ÁRBITROS: Vilas López, Novoa García, Quintás Crespo (Ourense). Amarelas a Alex Durán, Héctor, Rober Paz, Javichu, Nete, Manu, Cora, Souka. Expulsaron con doble amarela ó local Jacobo mediado o segundo tempo.

GOLES: 0-1, Manu (18´), 1-1, Alex Durán (19´), 2-1, Rober Paz (23´). 2-2, Pancho (29´), 2-3, Cora (31´), 2-4, Marcos (39´).

INCIDENCIAS: Pavillón Municipal da Fraga. Uns 200 espectadores, nun partido con moita calor.

Lea también

O Esteo busca continuar con su buena dinámica recibiendo al Unión Arroyo

Tras de un inicio de Liga un poco atípico con cuatro jornadas de cinco jugadas …