A vergoña da Feira de Mostras (FIMO) e outras desfeitas de Ferrol

É un feito vergonzoso o que está a pasar coas instalacións da Feira Internacional de Mostras do Noroeste (FIMO), situadas nun lugar privilexiado de Ferrol como é Punta Arnela, na enseada da Malata, a moi pouca distancia do centro da cidade. Un recinto duns 50.000 metros cadrados de extensión entre superficie cuberta e descuberta, que dispón de dous amplos auditorios, cinco pavillóns principais, varios locais e oficinas, cafetería e restaurante, piscina e instalacións deportivas, ademais do Edificio de Usos Múltiples e un amplo aparcamento. Calquera cidade estaría moi satisfeita de dispor dun escenario tan amplo, axeitado e ben situado para a celebración de todo tipo de exposicións comerciais, empresariais, deportivas, culturais e de lecer.

A construción destas instalacións tivo lugar a partires do ano 1959, celebrándose a primeira Feira de Mostras o ano 1963, sendo a decana das existentes en Galicia e atinxindo categoría internacional o ano 1986. Tempo atrás celebráronse na FIMO importantes certames sobre o sector naval, a empresa, o automóbil, a pesca, a alimentación e diversas actividades de turismo e ocio, ademais de concertos e actuacións musicais.

Tras recibir múltiples axudas e subvencións e despois ter unha pouco clarificada xestión pola parte dos seus últimos responsables e un nulo apoio da Xunta de Galicia (precisamente Fraga e Cuiña), hoxe está a arrastrar a súa decadencia, sen levar a cabo ningunha clase de actividade, coas instalacións pechadas ou prácticamente sen uso, moitas delas en mal estado, deterioradas e con problemas de mantemento.

 

 

As instalacións da Feira de Mostras pasaron a ser propiedade do Concello de Ferrol desde o pasado ano 2015, sen que desde entón se fixera un mínimo Plan de Usos e Xestión das mesmas, a pesares que esta foi a petición dalgúns dos grupos políticos da oposición. Nesta petición contemplábanse usos deportivos, de ocio e empresariais, mesmo actividades de emprendedores e de innovación

 

O que non semella de recibo é unha nova e recente ocorrencia do Concello no senso de dedicar estas amplas instalacións para acoller os servizos da Policía Municipal e dos Bombeiros, hipotecando deste xeito unhas instalación para uns usos que atinxen á seguridade, cando poderíanse utilizar outras instalación para estes mesteres.

 

Aínda que neste intre o caso das instalación da FIMO é o exemplo máis rechamante do desuso ou mal uso de edificios e instalación propiedade ou situadas no concello de Ferrol, poderíase facer unha longa lista co resto dos casos. Doutra rolda habería que falar que se podería facer con estes edificios e instalacións (vexamos se algún día espabilan a Xunta de Galicia, Ministerio de Defensa e a Autoridade Portuaria).

 

Estamos a falar da antiga Residencia de Suboficiais na Porta de Canido. Pola súa situación e características sería una boa Residencia da Terceira Idade.

Antiga sede de Facenda na rúa Magdalena. Leva anos sen uso. Podería acoller o Arquivo Municipal.

Cámara de Comercio na rúa María. Outro triste exemplo da desastrosa xestión empresarial en Ferrol.

Edificios da Aduana e da antiga Comandancia Naval. Na espera de usos coherentes.

Casa do Mar na Estrada Alta do Porto. Edificio moderno e ben dotado, que demanda selo necesario Albergue de peregrinos.

Antiga sede da Compañía Telefónica na rúa María. Leva anos sen uso.

Outros casos: construcións de Sánchez de Aguilera; Centro comercial Porta Nova del Inferniño; varios edificios da Armada (Intendencia, Cuartel de Mariñeiría da rúa María, Factoría de Subsistencias en Copacabana).

 

Ademais poderíase engadir o mal uso ou o nulo aproveitamento dos espazos da Costa de Mella, o Antigo Hospicio, o Edificio Multiusos do Legado Carvajal, a Biblioteca Fontenla Leal, as instalacións da extinta Fundación Ferrol Metrópoli, os restos da vivenda natal de Carballo Calero, a Casa do Patín da rúa Atocha, as Casiñas da Pradera do Cantón de Molíns e o Parque Municipal; qué máis exemplos se queren ?.

 

A derradeira ocorrencia do Concello. San Xulián versus martes de Antroido. Un pobo que esquece o seu pasado non ten futuro.O crecente número de pallasos en Ferrol pode xustificar festexar o martes de Carnaval ?.

Lea también

‘Pingüin’ nova proposta de Afundación para escolares en Ferrol

El Auditorio de la Sede Afundación de Ferrol acoge la última propuesta escénica de la …

Un comentario

  1. Aunque el artículo adolece un poco de ser un cajón de sastre y los posibles usos sugeridos son más que discutibles sí nos esclarece el modus operandi de ciertos partidos: Primero se reclama una instalación, y luego nos preguntamos qué hacer con ella. Yo me pregunto por qué teniendo tantos inmuebles sin uso (algunos municipales) no tiramos el mercado «provisional», por poner un ejemplo.

    El caso de la Feria de muestras es más claro: Tanto Rey Varela como el presidente del actual gobierno municipal se han encontrado con un Ferrari y lo tratan como si fuera un coche de caballos: En la zona que debería estar llamada a ser una de las mejores ciudades deportivas de Galicia (si no la mejor), que además es pública, hemos dejado de celebrar lo único que en los últimos años le sacaba rendimiento; sí, estoy hablando de Equiocio.

    Si bien es cierto que hay varios clubes entrenando en la zona, estoy seguro de que con un plan de usos e inversiones presupuestadas se daría un rendimiento a la ciudad muy superior a los costes que se generarían. es más: Estoy convencido de que podría celebrarse una gran feria deportiva a principios de verano que diera cabida a empresas y entidades y en la que se celebrasen certámenes y exhibiciones de las múltiples disciplinas deportivas que se practican en la ciudad, en la que las cadenas deportivas pudieran promocionar sus productos, celebrarse reuniones y dar cabida a la difusión de lo que hacen todos los clubes deportivos de la zona, incluyendo gimnasios, clubes, clínicas deportivas, fisioterapeutas, podólogos, clubes de senderismo, BTT, surf, tenis, pádel, remo, vela, natación, artes marciales, espacios naturales, rutas de senderismo y hasta asociaciones de peregrinos: Casi cualquier cosa que estuviese relacionada con la práctica deportiva y los hábitos saludables.

    Y además que yo creo que todo sería empezar, y para eso poco más habría que hacer que convocar a todo el que esté interesado a una reunión previa, trazar una hoja de ruta y en junio del año que viene llenábamos la ciudad. Una pena.

    En fin, a ver si en otra legislatura a alguien se le ocurre que al menos una semana al año podría