As concelleiras de Igualdade e de Acción Social de Narón visitaron aos usuarios do centro «Manuela Pérez Sequeiros»

 As concelleiras de Igualdade, Teresa Sabio, e de Acción Social, Catalina García, do Concello de Narón, desprazáronse na mañá deste luns o Centro Integrado Comunitario Manuela Pérez Sequeiros con motivo do Día Internacional das Persoas Maiores, que se conmemora hoxe. As edís naronesas felicitaron aos usuarios e usuarias que se atopaban ás 12.00 horas no Centro de día, realizando unha clase de ximnasia, e entregáronlles un caravel a modo de homenaxe no seu día.

Sabio destacou o labor que desempeñan as persoas maiores en tódolos ámbitos e a importancia de que se manteñan activos e desfruten das actividades e instalacións municipais dirixidas ao colectivo, un dos pilares básicos das políticas do equipo de goberno naronés. Pola súa banda, García respaldou as palabras da concelleira de Igualdade e amosou o seu desexo de que poidan continuar desfrutando moitos anos máis do Centro de Maiores e do resto dos servizos que se ofrecen desde o Consistorio.

Os maiores homenaxeados agradeceron, pola súa parte, a visita das concelleiras naronesas e tamén o caravel co que os obsequiaron no Día Internacional das Persoas Maiores.

O Concello de Narón continuará esta semana celebrando os actos programados con motivo do Día Internacional das Persoas Maiores, concretamente o vindeiro mércores, día 3, xornada na que está programada unha visita a unha veciña centenaria que reside na parroquia do Couto.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …