O Concello de Ferrol anuncia a gratuidade do servizo de teleasistencia

Sainza Ruiz en rolda de prensa – Concello de Ferrol

A concelleira de Benestar Social, Sainza Ruiz, informou este mediodía da gratuidade do servizo de teleasistencia desde o pasado 7 de xullo para preto de 120 usuarios.

Así se lles está a comunicar individualmente por vía postal a todos e cada un deles, namentres non se aprobe unha nova ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo público de Teleasistencia do Concello de Ferrol. Con anterioridade ao 7 de xullo, tiña un custo de 5 euros por usuario.

«Unha vez aprobada a nova taxa, o copago que lles correspondería sería de 5 euros ao mes ate que desde a administración autonómica se dite a oportuna instrución de aplicación do Decreto 149/2013 polo que se define a carteira de Servizos Sociais«, informa a misiva que está a ser remitida desde a Área de Benestar Social aos usuarios da Teleasistencia Domiciliaria.

A vontade do Goberno e ampliar o número de usuarios até 200, «un traballo que xa está en marcha incorporando mais demandantes e suprimindo as listas de agarda. Isto é posible a resultas da adxudicación dun novo contrato, froito dun procedemento aberto e transparente, con importantes melloras na prestación do servizo«.

O novo contrato foi adxudicado o 26 de xuño en XGL a Cruz Vermella, «a oferta mellor puntuada polos técnicos das tres presentadas ao este concurso para un contrato de dous anos prorrogables«. O custo do terminal por usuario e mes pasa de 22 euros, no contrato anterior, a 12,15 euros neste que ven de ser adxudicado onte, un 50% menos. É dicir, con mesmo importe que no 2014 (26.100 euros), este Goberno presta servizo a mais de 100 usuarios e ampliará o servizo a outros 80 mais, duplicando a partida, que pasa a 52.800.

Entre as melloras do servizo figura a custodia de chaves, dos que unha ampla porcentaxe poden ser residentes da zona rural en casos de hospitalización e demais. Tamén existe a opción de instalar un detector de gas-fumes, e sensores magnéticos na apertura e peche de portas, cuestións que se lles comunicaron aos bombeiros de Ferrol para favorecer a súa aplicación, no caso de que fose preciso.

Lea también

Gran brillantez en el acto de entrega de los premios «ártabros-2023-24» de Galicia Ártabra

En una brillante jornada, con “abarrote total” en la tarde del sábado, día 20 de abril …