O Triatlón Ferrol defende o bronce na Liga Iberdrola de Primeira División

O equipo da Liga Iberdrola – Triatlón Ferrol

O Club Triatlón Ferrol chega ás dúas últimas xornadas da Liga Iberdrola de Primeira División como terceiro clasificado. Esta fin de semana en Sevilla disputará o campionato de España por clubs e o relevo mixto.

O equipo departamental estará formado por Melina Alonso, campioa de España na distancia na que se disputa o nacional por clubs, Carmen Gómez, que acaba de ser convocada pola selección para o Europeo sub-23, Ana Carvajal, Morgan Branchoux, Pauline Vie, as canteirás Carmen Jiménez e Raquel Ruiz e, completando o equipo, Laura García e Mireira Fernández. As baixas por competicións internacionais de Miriam Casillas e Camila Alonso e os problemas físicos de Inés Santiago e Tamara Gómez reducen as posibilidades do equipo xa que puntúan dez triatletas por club.

A liga decidirase co campionato de España por relevos mixtos onde o equipo feminino vese reforzado polas promesas da Escola Javi Gómez Noya, os locais Marcos Ruiz e Iván Puentes, que previsiblemente colaborarán con Melina Alonso e Carmen Gómez.

De ser quen de rematar a liga entre os tres mellores clubs de España, o Triatlón Ferrol marcaría outro fito na súa historia ao manterse durante tres anos consecutivos no podio da elite nacional.

Lea también

Narón acolle o “XXIII Trofeo de Baile Deportivo Cidade de Narón” e o “Campionato Galego de Standard”

O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, e o presidente do Club de Baile Deportivo Narón, …