Miriam Casillas alonga a súa temporada coa Copa do Mundo de Sarasota

Miriam Casillas en Chengdu – Triatlón Ferrol

Miriam Casillas disputará este sábado a Copa do Mundo de Sarasota coa vista posta na clasificación olímpica.
Despois dun excelente bronce na Copa do Mundo de Weihai, a pacense do Triatlón Ferrol tense colocado como a segunda española no ranking de clasificación olímpica.

Para seguir sumando puntos, deberá demostrar a súa versatilidade dado que as choivas que caeron na zona da proba é posible que teñan afectado á calidade das augas e que se elimine o segmento de natación, polo que a competición pasaría a ser un dúatlon.

En canto ás rivais, Miriam Casillas sabe que as medallas están moi caras pero non se pon límites: “el nivel es muy alto pero sigue siendo una prueba muy abierta”.

A Copa do Mundo de Sarasota celebrarase este sábado ás 13:30 horas –seis horas menos na España peninsular- cun tríatlon esprinte -750 m de natación, 20 km de ciclismo e 5 km de carreira a pé.

Lea también

Cambio nas saídas previstas na «I Travesía de caiac de mar Concello de Narón»

Ante a previsión de condicións adversas, por vento, na xornada do domingo día 21 informan desde …