TEGA critica a falta de investimentos en Narón con cargo aos orzamentos autonómicos de 2019

O secretario Xeral de Terra Galega, Guillermo Sánchez Fojo, criticou a actitude do exconselleiro de Política Social e candidato á Alcaldía de Ferrol polo PP, José Manuel Rey, e o secretario do partido en Galicia, Miguel Tellado, despois de que “unha vez máis, chegado o período preelectoral se acheguen de novo a Ferrol para, en cuestión dun par de días, vir a vender uns orzamentos que castigan seriamente á nosa comarca”. No que respecta a Narón, apuntou Sánchez Fojo, “non teñen reparos en aludir a 3,3 millóns de euros de investimento para o novo centro de saúde, que xa tería que estar en funcionamento se realmente lles preocupase a cidadanía algo máis que cada tres anos e medio, nos períodos de precampaña e campaña electoral”.

Sánchez Fojo recordou que o que fora candidato popular á Alcaldía no ano 2015, Miguel de Santiago, “botou tamén man das obras do centro de saúde no período preelectoral, esquecéndose do tema nos anos seguintes”. O convenio entre o Concello e a Xunta asinouse no ano 2016 “e desde entón continuamos á espera de que se inicien os traballos”. O secretario xeral de TEGA avanzou que “o candidato ou candidata popular á Alcaldía de Narón en 2019 seguro que botará de novo man do centro de saúde para ocultar que o PP nunca fixo nin vai facer nada polas veciñas e veciños de Narón, que saben de sobra que os representantes deste partido, como ben demostraron ano tras ano, en lugar de sumar e construír cidade día a día só se ocupan de vender fume uns meses antes da cita coas urnas”.
“O que tiña que facer o PP e os seus candidatos é, desde hai moito tempo, poñerse a traballar e reivindicar nas administracións nas que gobernan que se respecte ás veciñas e veciños de Narón, loitando por investimentos que son moi necesarios nesta cidade”, subliñou. Con respecto ao demandado centro de saúde Sánchez Fojo inciciu en que “o que tiñan que pedir é que se axilicen esas obras, que son moi necesarias, pero non agora, a oito meses das eleccións, senón xa hai dez anos, cando no 2008 se asinou un protocolo de colaboración entre o Concello de Narón e a Consellería de Sanidade ao que foron dando largas e poñendo escusas para non avanzar nestes dez anos”.

O secretario xeral de TEGA calificou a situación como “un atrevemento e un despropósito”, máxime tendo en conta, dixo, que “eles memos dataron en 2016 no acto da sinatura do convenio, en finais deste ano ou comezos do próximo a posta en servizo das instalacións”

Nunca uns orzamentos da Xunta de Galicia nin de calquera outra administración gobernada polo PP foron comprometidos coas naronesas e os naroneses, máis ben todo o contrario, non teñen reparos en deixar de lado ás nosas veciñas e veciños, sen importarlles o máis mínimo o seu benestar nin os seus servizos”, denunciou.

 

Lea también

Narón acomete melloras no firme de varios parques infantís

A alcaldesa da cidade de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Obras e Urbanismo, …

Un comentario

  1. Quienes llevan 9 años sin invertir nada… se acuerdan de protestar el año que la xunta pone más de 3 millones de euros para Narón.