Carmen Gómez buscará resarcirse do resultado no Europeo sub-23 na final da Copa de Europa

Carmen Gómez nunha proba – Triatlón Ferrol

Carmen Gómez retrasa o fin da súa temporada acudindo á final da Copa de Europa que este sábado se celebrará en Funchal.

A sub-23 do Triatlón Ferrol ocupa agora mesmo o posto 292º da clasificación mundial e na proba portuguesa, en categoría elite, non terá presión por estar disputando as medallas senón que poderá primar as boas sensacións de competición.

A Copa de Europa de Funchal terá lugar este sábado en distancia esprinte de 750 metros de natación, 20 km de ciclismo e 5 km de carreira.

Lea también

El Racing Club Ferrol imparte la II Jornada de crecimiento deportivo y personal

En el afán por complementar la formación de sus jugadores de categorías de base, el …