O Esteo a punto de conseguir puntuar na casa do Guardo

Héctor durante o encontro ante o Albense | Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) O Esteo pontés de fútbol sala perdeu este sábado en Palencia na casa do segundo clasificado Guardo por 6-5. Pelexou moito o partido o equipo de Óscar Vigo, xa que a pesar de adiantarse os locais cun 3-0, Jacobo anotaba tres tantos consecutivos e poñía o empate no taboleiro.

Pero no segundo período voltaban a poñer terra de por medio os locais con outros tres tantos que valían un 6-3 que parecía definitivo, pero dous goles consecutivos de Jacobo e Rober deixaron ós ponteses a un palmo de conseguir un resultado positivo, pero xa non houbo tempo para máis.

O Esteo é oitavo con 12 puntos, seis por riba dos postos de descenso, antes de recibir ó Ventorrillo, sexto con 15. Entremedias reciben ó Cidade de Narón o martes na Copa de Galicia.

DEPORCYL GUARDO FS: Gómez, Beto, Kuin, Iván, Chochi – cinco inicial – Joselu, Óscar, Davicín, Cifu, Borja.

O ESTEO FS: Javichu, Cokito, Alex, Héctor, Jacobo – cinco inicial – Rober, Bruno, Troncho, Dani, Ayala.

GOLES: 1-0, Iván (2´), 2-0, Joselu (9´), 3-0, Joselu (18´), 3-1, Jacobo (19´), 3-2, Jacobo (20´). 3-3, Jacobo (21´), 4-3, Joselu (24´), 5-3, Chochi (32´), 6-3, Gómez (38´), 6-4, Jacobo (39´), 6-5, Rober (40´).

INCIDENCIAS: Pavillón Municipal de Guardo. Uns 200 espectadores.

ÁRBITROS: Mañas Macas, Marazuela Hernando, De La Torre Alosnso (Segovia-Palencia). Amarelas a Iván, Óscar, Davicín, Cokito e Alex.

Lea también

Álex Rilo, representación ferrolana en la Copa del Mundo de Lievin

El ferrolano Álex Rodríguez Rilo disputará este sábado la Copa del Mundo de Lievin en …