Miriam Casillas pechará a temporada na Copa do Mundo de Miyazaki

Miriam Casillas afronta este sábado a súa última proba do ano na Copa do Mundo de Miyazaki.

A pacense do Triatlón Ferrol, grazas ao seu bronce na China ou aos seus bos resultados nos Estados Unidos e en Corea, está a piques de meterse de novo entre as 100 mellores triatletas do mundo. Pero o que é máis importante, a estremeña asegura agora mesmo a segunda praza para España na carreira pola clasificación olímpica.

Para manter a boa xeira, Miriam Casillas terá en fronte a rivais do nivel de Takahashi o Cook, vixentes top-20 do mundo.

A Copa do Mundo de Miyazaki desenvolverase en distancia olímpica -1.500 m de natación, 40 km de ciclismo e 10 km de carreira a pé- e dará comezo ás 1:30 horas da madrugada do venres ao sábado en horario peninsular español.

Lea también

Álex Rilo, representación ferrolana en la Copa del Mundo de Lievin

El ferrolano Álex Rodríguez Rilo disputará este sábado la Copa del Mundo de Lievin en …