O BNG rexeita un posibel ERE na empresa Noa Madera do Vilar do Colo

Unha representación do Consello Comarcal do BNG,na que estaba a súa responsábel comarcal, Mercedes Tobío, o deputado provincial Xesús Soto e os portavoces municipais do BNG en Fene e Cabanas, Juventino Trigo e Iago Varela,  mantivo unha reunión co Comité de Empresa de Noa Madera, do Vilar do Colo; para analizar a situación que se está a viver co anuncio por parte da empresa da presentación dun ERE estintivo que afectaría a máis de 100 traballadoras e traballadores.

No decurso do encontro, a representación do CE explicou que a situación parte da absorción de Noa Madera por parte do grupo Malasa –que ten como cliente prioritario a Inditex- o pasado mes de Agosto, e que o anuncio dun posíbel ERE non está baseado en problemas de produción; «senon máis ben nun intento da actual propietaria de ameazar co ERE extintivo para, en realidade, facer unha política de precarización das condicións laborais para obter máis beneficios a costa das traballadoras e traballadores.

Estamos a falar dunha empresa que, ademáis, conta cunha plantilla cunha media de idade moi nova do entorno do conxunto da comarca; sendo da maioría dos casos persoas que accederon aquí ao seu primeiro posto de traballo; polo que o impacto na xa deteriorada economía comarcal sería considerábal -dado que non falamos só dos postos directos da empresa, senón dos que derivan da actividade que desenvolve- ademáis de deixar desprotexidas a centos de familias».

O BNG comarcal, á vista desta situación, expresa a súa rotunda oposición non só a calquera tentativa de levar a cabo un inxustificado ERE extintivo, senón tamén a que se perda calquer posto de traballo ou se precaricen as condicións laborais da plantilla. Nese sentido, levaránse mocións –na liña da que xa foi aprobada en Fene- aos diversos concellos da comarca e, ademáis, este xoves ,día 8, desprazaráse á comarca a deputada do BNG no Parlamento Galego Noa Presas –responsábel da área de industria- co obxecto de articular iniciativas a presentar no Parlamento Galego para que se posicione na defensa dos postos de traballo.

Lea también

As Pontes apoia a posta en marcha do proxecto enerxético de Endesa en O Tesouro

O tecido empresarial, económico e sindical das Pontes apoia a posta en marcha do PE …