Unha infección de oído sumada a unha intoxicación: causas da retirada de Camila Alonso

Camila Alonso en Glasgow – Triatlón Ferrol

Camila Alonso arriscou para competir aínda sen estar ao 100% fisicamente pero tivo que retirarse no campionato Iberoamericano de tríatlon.

A internacional do Triatlón Ferrol sufriu mareos durante o recoñecemento do circuíto ciclista, mareos que atribúe posiblemente a unha infección de oído. A maiores, a salsa da cea previa á competición provocoulle fortes dores de estómago, que tamén padeceu outro compañeiro que comera o mesmo que a ferrolá.

De tódolos xeitos, quixo botarse á auga porque tivera adestrado moito para esta proba. “Nadando sentinme mal e na bici peor, tiven que saírme e inxectáronme un medicamento para a dor de estómago”, lamentou Camila Alonso desde a habitación do hotel onde se atopaba descansando.

Agardando que sexa pasaxeiro, os plans da canteirá do Triatlón Ferrol pasan por rematar a temporada este mes con dúas probas das Series Nacionais de México en Xelha e Cidade de México.

Lea también

Natación Ferrol, campeonas gallegas de larga distancia

Emocionantes resultados en las pruebas del Campeonato Gallego de larga distancia en piscina de 25 …