O BNG censura ao goberno local polo retraso nas axudas do bonobús universitario

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol censura a demora do goberno local por publicar a convocatoria de axudas para acceder ao bono bus universitario o que obriga as persoas usuarias deste servizo, que se teñen que desprazar diariamente aos campus univeristarios da cidade da Coruña, a pagar integramente estes desprazamentos desde o inicio do curso escolar.

Para os nacionalistas, «incomprensibelmente cando o primeiro trimestre do curso universitario esta case chegando ao seu fin o goberno local continúa sen dar sinais de vida sobre as súas intencións con respecto a estas axudas que ofrecía todos os anos, que se comprometeu a ofertar tamén este curso, e que esta a causar importantes perxuizos nas familias que gozaban desta axuda ao teren que asumir integramente o custo deste servizo que ronda os 500 € nos dous meses que levamos de curso«.

O BNG considera que non existe ningunha xustificación para que o goberno local de Ferrol non teña a día de hoxe tramitado estas axudas. O BNG considera reprobable a actitude do goberno local «xa que a consecuencia deste xeito de actuar é o prexuízo claro que sofren os veciños e as veciñas da nosa cidade sobre todo aquelas familias que se atopan nunha situación económica máis precaria».

Desde o BNG queren mostrar a nsúa preocupación por esta situación e demándanlle ao goberno da cidade que empregue todos os recursos necesarios para desbloquear estas axudas.

Lea también

Presentación do libro «Ser Cetáceo» de Francisco X. Fernández Naval no Museo de Historia Natural de Ferrol

Este viernes 26 de abril a las 19:30 horas en el Museo de Historia Natural …