Máis de 250 persoas participaron nunha nova andaina do programa municipal “Ponte en ruta con nós”, en Narón

Un total de 269 persoas asistiron na mañá deste domingo a unha nova andaina –a segunda- da cuarta edición do programa municipal “Ponte en ruta con nós”. Os camiñantes saíron ás 9.30 horas do Pavillón polideportivo da Gándara cara á zona do Río Castro, desde donde se desprazaron a pé ata o Castelo de Narahío (no concello de San Sadurniño). A ruta, duns once quilómetros, realizárona nunhas dúas horas e media, desfrutando da paisaxe e realizando exercicio físico, dous dos obxectivos desta iniciativa do Concello.

O 27 de xaneiro, vindeira camiñata

A vindeira camiñata terá lugar no mes de xaneiro, o día 27, e discurrirá polos termos municipais de Mugardos e Ares, concretamente entre o Castelo da Palma e o Mosteiro de Santa Catalina. Os participantes sairán en autobús ás 9.00 horas do Polideportivo da Gándara e realizarán, nun tempo estimado dunhas tres horas, unha ruta duns catorce quilómetros e cunha dificultade calificada como media/alta.

As persoas interesadas en asistir á vindeira andaina poderán anotarse a partir do día 2 de xaneiro no Complexo Polideportivo da Gándara, de luns a xoves en horario de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 18.30 e os venres 9.00 a 13.00. O prezo da inscrición é de tres euros, unha cantidade coa que se sufragan os gastos de desprazamento en autobús desde o polideportivo da Gándara ata o punto de inicio de cada camiñata.

O programa

O programa municipal “Ponte en ruta con nós” iniciouse nesta cuarta edición o pasado 28 de outubro, e rematará o día 30 de xuño. Cada mes, excepto en decembro, programouse unha ruta pola comarca que permitirá, de aquí ao final do calendario de saídas deseñado, participar en andainas como a Ruta dos muíños, en Esmelle (Ferrol); a do Belelle (A Capela); a das Praias de Covas a Pioriño (Ferrol); a das Fragas da Ribeira (As Pontes) e, finalmente, a do río Xuvia ata o muíño de Pedroso

Lea también

Unha unidade móbil ADOS estará operativa o venres 26 en Narón, no barrio de Xuvia

Unha das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará este …

Un comentario

  1. miren si tiene poco interes a » cidade » de naron que hacen las rutas por los concellos vecinos