O Apalpador percorrerá as rúas de Ferrol este sábado

O Apalpador, Bruno Lopes e Suso Basterrechea na presentación do roteiro | Concello de Ferrol

Un ano máis, o Apalpador terá o seu protagonismo neste nadal, co seu xa habitual roteiro que terá lugar este sábado, con saída na sede da Fundaçom Artábria, as 17:00 horas, percorrendo os barrios de Esteiro e A Magdalena, nunha presentación que tiña lugar este martes no Concello de Ferrol coa presencia do concelleiro de Cultura e Festas, Suso Basterrechea; o integrante da Fundaçom Artábria, Bruno Lopes e o propio Apalpador.

Suso Basterrechea destacaba a labor que realiza a Fundaçom Artábria “para recuperar a figura do Apalpador dende hai tempo, con concursos infantis, visitas aos centros escolares, conseguindo que collera forza nestos últimos anos.” Ao mesmo tempo o concelleiro destacaba que o Concello apoiaba esta actividade “sen ninguna subvención, por moito que digan nas redes”, recordando que dende que é o responsable de Cultura e Festas “non veño contra nada, porque se segue montando a cabalgata de Papá Noel e a dos Reis Magos”, destacando que este o apoio ao roteiro do Apalpador “faise por apoiar estas actividades que foron perseguidas ou ocultadas no pasado polas administracións públicas.”

Este roteiro “faise con moita modestia e poicos recursos”, comentaba Bruno Lopes, sendo este roteiro “un orgullo”, que contará por cuarto ano co apoio do Concello de Ferrol. Nesta ocasión, o Apalpador “estará acompañado de pequenos trasnos e trasnas, maxia e música”, ademáis de “repartir agasallos a todolos nenos e nenas que estén na rúa.” A axenda do Apalpador é máis ampla porque nestes próximos días tamén visitará colexios como o Ludy, A Laxe, Ponte de Xubia ou o Ponzos, entre outros, onde Bruno Lopes quería agradecer “as facilidades que nos puxeron dende os centros educativos para achegarlles o Apalpador.

O protagonista, o Apalpador, tomaba a palabra para finalizar invitando a toda a xente a acudir ao roteiro “porque o van a pasar moi ben”, destacando o “espectáculo de circo, como a banda de música”. O Apalpador tamén agradecía todo o apoio “para poder seguir baixando do Courel e ter cada vez máis traballo”, e xa facendo as previsións dos agasallos neste nadal “porque neste ano os nenos comeron ben, aínda que están pedindo moitos patinetes eléctricos, cando son mellores os clásicos”, polo que pedía a tódolos nenos “que intenten facer máis deporte.”

Lea también

O BNG de Ferrol demanda no pleno, melloras nos comedores escolares

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou, acompañados de familias do ceip Cruceiro de Canido, …

3 comentarios

  1. Con todo el respeto. A mi, la figura del «apalpador», y hasta su propio nombre, me trae una imagen bien distinta de la de una buena persona. Dudo mucho que hoy en día alguien como el «apalpador» no terminase con sus huesos en la cárcel, acusado de un delito.

  2. No se puede recuperar lo que nunca existió. Incluso si (cosa que dudo) en las montañas del Bierzo leonés existió esta figura, que una organización independentista pretenda implantarla aquí debería resultarles ridículo hasta a ellos mismos, máxime cuando es una burda copia de la misma figura inventada en las Vascongadas, un tal olenchero que hace ¡Oh, milagro! Exactamente lo mismo. Me parece una mentira y un burdo intento de sustituir las tradiciones cristianas de la ciudad por otras paganas de sabe Dios dónde.

  3. yo no me voy a meter en si existio o si no , ni me parece mal que entretenga a los niños , pero lo que si me gustaria saber es quien subvenciona esta actividad por pura curiosidad . sr lopes quien paga ?