O II Festival Porta Máxica foi presentado no Concello de Ferrol

Suso Basterrechea na presentación | Concello de Ferrol

O ano empezará con maxia e ilusionismo, coa segunda edición do Festival Porta Máxica que terá lugar o 2, 3 e 4 de xaneiro e que foi presentado na mañá do xoves polo concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea.

Nesta segunda edición “imos contar con obradoiros de ilusionismo, obradoiros e actuacións gratuitas”, afirmaba Suso Basterrechea, como tamén terá a súa parte solidaria achegando este evento ao Hospital Arquitecto Marcide e ao Centro de Persoas Maiores de Caranza.

Este evento é de carácter internacional “con magos franceses”, aos que se suman magos procedentes de lugares tan diversos como Barcelona, Carballo, A Coruña e Ferrol.

As inscripcións para os obradoiros, destinadas a nenos e nenas entre 6 e 12 anos con preferencia para os empadroados en Ferrol, estará aberta dende o 21 ao 27 de decembro, onde todas as persoas interesadas deben facer a inscripción no rexistro municipal. O documento de inscripción poderá descargarse da web do Concello de Ferrol, onde os participantes deberán escoller un dos lugares do obradoiro “para así facilitar a distribución”, afirmaba Suso Basterrechea.

DÍA 2 DE XANEIRO

12:30 Obradoiro de maxia – Asociación de Veciños de Valón
17:00 – Obradoiro de maxia – Centro Cívico de Caranza
18:30 – Álex Louzao presenta «De ilusións tamén se vive» – Centro Cívico de Caranza ENTRADA LIBRE

DÍA 3 DE XANEIRO

11:00 – Obradoiro de maxia – Biblioteca Municipal (Praza de España)
12:30 – Obradoiro de maxia – Centro Cultural Carballo Calero
17:00 – Espectáculo de Joshua Kenneth – Centro Cultural Torrente Ballester – ENTRADA LIBRE
19:30 – Gala de maxia Lorc & Julit, co Colectivo Máxico Lorc & Julit, Joshua Kenneth e Álex Louzao. Presenta: Mag Marín – Teatro Jofre

DÍA 4 DE XANEIRO

11:00 – Maxia solidaria – Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol*
12:00 – Maxia solidaria – Residencia de maiores de Caranza*
18:00 – Gala Porta Máxica, con Gaëtan Bloom, El Gran Carlini, Jordan Gomez, Mag Marín. Presenta: Martín Varela – Teatro Jofre
20:30 – Gala Porta Máxica, con Gaëtan Bloom, El Gran Carlini, Jordan Gomez, Mag Marín. Presenta: Martín Varela – Teatro Jofre

* O horario pode variar según a organización do Complexo Hospitalario CHUF e da Residencia de Maiores

Lea también

Cabanas conmemora o Día do Libro

O Concello de Cabanas conmemora o Día  do Libro, que se celebra este 23 de …