O Concello de Ferrol presentou os drons para Seguridade e Emerxencias

Presentación dos drons | Concello de Ferrol

Este venres o Concello de Ferrol presentou a adquisición de dous drons que van a formar parte da equipa de Seguridade e Emerxencias do Concello de Ferrol.

«Esto marca un antes e un despois do que debe ser un servizo de emerxencias dunha cidade na seguridade e no tráfico«, manifestou o concelleiro Álvaro Montes.

Foron adquiridos con cargo ao superávit, a través dun contrato menor, a empresa Aeromedia, con sede e Oleiros, por un importe de 16.874,15 euros, que foi adxudicado o 14 de decembro.

Pola súa banda, o xefe de bombeiros, Aureliano Bacelo, puxo de relieve que se incorporan os drons como ‘unha ferramenta mais de traballo con multitude de aplicacións para atender na busca de persoas desaparecidas, perimetrar os incendios forestais e urbanos, revisar derrubes de edificios con un menor risco para os traballadores e incorporar cámara térmica para a detección de fugas de gases«, por exemplo.

Por último, o concelleiro de Seguridade, Álvaro Montes, avanzou que xa foi redactado o novo borrador do Plan de Emerxencias Municipal, conforme a nova normativa que, en breve, pasará pola comisión para o seu debate en pleno para que «Ferrol poida contar cun PEMU conforme a normativa«, así como a protocolarización das equipas de policía e bombeiros en servizo toda vez que se activa unha alerta laranxa-vermella.

Lea también

Ciclo de Aulas temáticas para a promoción da saúde dos maiores na AVV de San Pablo en Ferrol

Están organizadas pola Asociación Cáritas e a Consellería de Política Social, en colaboración coa Asociación …