O BNG de Ferrol ante a proposta dos orzamentos do Estado ataca a «diestra e siniestra»

 Bloque Nacionalista Galego de Ferrol emitiu un comunicado no que se sinala, que «en relación cos orzamentos do Estado para 2019, censuramos a hipocresia de todos os grupos que forman parte da corporación ferrolá e xa non só polas decisións que toman os seus representantes no Congreso dos Deputados senón polas decisións que eles mesmos adoptan no ámbito local.

«Desde esta perspectiva a postura do PSOE evidencia e supón a constatación de que estes orzamentos non resolven ningún dos problemas fundamentais que ten esta cidade e que unicamente insisten e aseguran en cargarlle o morto e un lastre aos veciños e veciñas de Ferrol dos problemas estruturais que levamos soportando nos últimos anos tanto no que ten que ver co saneamento como na situación do principal sector productivo como nas infraestructuras de saída da cidade e que os orzamentos que o Partidio Socialista está a presentar non só resolven senón que inciden na marxinación e no illamento desta cidade».

«O Partido Popular porque no seu momento puido ter adoptado decisións no congreso dos Deputados avalada pola agrupación local e sempre o fixo en beneficio dos intereses do estado contra os da cidade».

«Ou o caso de Ferrol en Común porque carentes de pudor e sen ruborizarse non fan máis que servir de coartada ao Patido socialista no desenvolvimento dos orzamentos para o ano 2019 evitando que nada poida mudar nesta cidade en relación a diferentes problemas que afectan ao conxunto da cidade e que son de diferente tipo e magnitude.Remata o comunicado sinalando que     Exemplos como o muro contención de Santa Mariña que non ten ningunha consignación orzamentaria, no documento estatal, pero que si a ten nos orzamentos municipais pero que Ferrol en Común decidiu non solicitardlle ao ADIF a execución e a obriga de facer a consolidación dese Muro; respecto dun Plan Industrial de Navantia avalado polo alcalde desta cidade que supón unha nova reestructuración no principal sector productivo da cidade e que implica, cando menos, a amortización do o 25% da plantilla actual; respecto da limpeza dos fondos da ría, mentres que o goberno local asinan e corroboran o convenio con ACUAES e coa Xunta de Galiza que obriga aos ferroláns a pagar máis do 25% dunhas obras declaradas de interese Xeral e que seguen a xustificar e a consolidar unha rede de depuración que contraven a actual normativa de depuración de augas nun sistema unitario; respecto dun peirao carboeiro que se consinte que siga a impedir a rexenarción de augas da ría de Ferrol mentres que o actual goberno local e o alcalde da cidade consinten o acceso ferroviario ao porto exterior mediante un viaducto que vai a supoñer a morte da enseada da Malata pese a ter unha representación directa no consello de administración da Autoridade Portuaria, no que nunca abriron a boca nin presentaron ningun recurso a execución deste proxecto; ou a respecto da mellora de accesos a AP9 mentres este goberno fixeron cargar aos veciños e veciñas desta cidade cos gastos de conservación da estrada F-14 que deberia ser asumida polo Estado».

Remata o comunicado sinalando que  «Cremos que son os moitas cuestións e lastres os que temos que aturar os veciños e veciñas desta cidade como para ter que soportar ademais alcaldes e gobernos hipocritas e cínicos como os actuais no canto de gobernos que miren polos seus intereses e que non toleren unha soa discriminación máis para esta cidade».

Lea también

Reunión entre el alcalde de Ferrol y las entidades vecinales afectadas por las obras de As Pías

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, participó este viernes en la reunión convocada …