O Padroado da Cultura de Narón, presente no VIII Festival Internacional de Artes Escénicas Santiago Off 2019 que se celebra en Chile

Luciano Fernández y la alcaldesa de Narón, junto a Víctor Manuel

O Padroado da Cultura de Narón estará presente na oitava edición do Festival Internacional de Artes Escénicas Santiago Off 2019 que o pasado 17 de xaneiro se inauguraba no Centro Cultural Matucana, en Chile. A concelleira de Cultura, María del Carmen Espada, anunciou que o director técnico do Padroado, Luciano Fernández, participará nunhas xornadas internacionais de debate sobre a circulación de espectáculos iberoamericanos, presentando a ponencia “O teatro latinoamericano en España”. Esta cita será o vindeiro martes, día 22, se ben a presencia de Narón continuará noutros apartados da programación.

Do 25 ao 28 de xaneiro celebrarase a asamblea xeral da Rede Eurolatinoamericana de Artes Escénicas (Redelae), da que é socio o Padroado da Cultura de Narón. Fernández estará presente tamén nesta convocatoria, na que participarán representantes dos principais festivais de América Latina, España e Portugal.

As diferentes propostas deste festival desenvolveranse na rexión metropolitana e en Valparaíso e inclúen máis de medio cento de espectáculos teatrais, de danza e musicais tanto profesionais como emerxentes. Esta cita constitúe, tal e como recalcan desde a organización, un espazo aberto ao diálogo e á construción de propostas colectivas no que establecer unha serie de sinerxias entre a comunidade artística e a cidadanía.

Durante a súa estancia en Chile o representante do Padroado da Cultura neste festival internacional reunirase con persoal de trinta e dúas compañías chilenas para intercambiar experiencias en materia cultural. Nestes encontros participarán ademáis outros directores dos principais teatros e altos cargos políticos da cultura de Chile, Santo Domingo e Colombia.

A edil de Cultura destacou que a presencia do Padroado da Cultura de Narón neste festival internacional “supón unha gran oportunidade para dar a coñecer o intenso labor que desde anos desenvolve esta cidade na área cultural e tamén para coñecer novas experiencias coas que continuar traballando para seguir ofrecendo unha coidada e variada programación cultural neste concello”.

Lea también

O Goberno de Narón chega a un acordo para manter o servizo de madrugadores

O goberno local e as Anpas de Narón chegaron a un acordo para manter temporalmente …