Abeledo, candidato por «Narón por diante» sinala que pretenden dar a Narón un xiro á esquerda

André Abeledo, concelleiro e voceiro de EU Narón, e candidato a Alcaldía por «Narón por diante»  de cara as eleccións municipais de 2019, indica que «este espazo de confluencia da esquerda naronesa vai a conformar unha candidatura sólida e ilusiónante capaz de ser a ferramenta para que Narón de un xiro a esquerda».

«Narón por diante» é a garantía de que en Narón non vai a gobernar a dereita, é o espazo necesario para conformar unha maioría de esquerda capaz de construír un Narón para todas e todos, mais humano, mais social, mais solidario, porque quérenmos que Narón vaia a máis.

 É unha gran oportunidade, é o éxito da unidade baseada nun programa e nuns ideais, e a demostración de que é posible que a esquerda camiñe xunta» sinalou.

Abeledo insiste en facer un chamamento a toda a esquerda naronesa a «participar, a colaborar, a traballar xunto con nós. Son tempos de unidade e xenerosidade para traballar por Narón».

«O 3 de Febreiro serán escollidos os 10 primeiros postos da candidatura de «Narón por diante» , unha candidatura de esquerdas, de unidade, ilusiónante e capaz de Gobernar para mellorar a vida da maioría, da veciñanza, das traballadoras e traballadores que fan grande a nosa cidade.» remata Abeledo no comunica.

 

 

Lea también

Charlas dirixidas a familias con menores matriculados nas escolas infantís de Narón

A edil de Ensino do Concello de Narón, Olga Ameneiro, informou que os días 22 …

Un comentario

  1. No fue a prácticamente ninguna parroquia a hablar con nadie…. solo con Castro y puedo que San Julian. No fue capaz de proponer propuestas específicas de Narón, ni de denunciar problemas de Narón y no se le conoce enfretamiento o discusión alguna con el tripartito…. más bien al contrario, aprobando sus presupuestos a cambio de nada.