O Concello de Narón executou obras de reposición no pantalán do paseo marítimo de Xuvia

O Concello de Narón destinou unha partida de 6.000 euros á renovación do chan do pantalán localizado no paseo marítimo de Xuvia. A estrutura, tal e como indicou o concelleiro de Servizos, Ibán Santalla,substitúe á que se atopaba xa na zona pero que estaba deteriorada e que se decidiu retirar para garantir que cumpra coas súas funcións nas máximas garantías dos usuarios e usuarias”.

Os traballos consistiron na reposición das táboas do antigo pantalán por outras de fibra de madeira e polietileno cuns pigmentos resistentes aos efectos dos raios UV, para evitar que se danen as novas táboas –gretas, astillas…- e con dez anos de garantía. O material colocouse a través dun sistema de fixación oculta e os traballos executáronse no prazo de aproximadamente unha semana, tal e como explicou o concelleiro. O pantalán ten algo máis de vinte e tres metros de ancho e dous e medio de alto e a rampa de acceso á plataforma unha lonxitude de doce metros e un ancho de un.

O pantalán de Xuvia utilízano habitualmente as persoas que practican actividades acuáticas na zona, como os integrantes do Clube de Piragüismo de Narón e tamén os propietarios de pequenas embarcacións. A estrutura instalouse no paseo coincidindo coa execución das obras da segunda fase do paseo marítimo de Xuvia, hai máis dunha década. “Cos traballos realizados na estrutura a zona conta cun pantalán totalmente renovado e en perfectas condicións para o seu uso”, apuntou Santalla.

Lea también

Unha unidade móbil ADOS estará operativa o venres 26 en Narón, no barrio de Xuvia

Unha das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará este …