Miriam Casillas volve á competición coa vista posta nos Xogos Olímpicos de Toquio

Miriam Casillas en Chengdu – Triatlón Ferrol

Miriam Casillas abre este domingo un apertado calendario de 2019 para tentar asegurar unha praza nos Xogos Olímpicos de Toquio.

Na Copa do Mundo de Cidade do Cabo, a pacense do Triatlón Ferrol enfrontarase á holandesa Rachel Klamer e a un potente equipo estadounidense para manter a súa boa posición no ránking olímpico. Casillas é actualmente a 38º mellor do mundo e un dos criterios da selección española para confirmar a praza en 2019 é estar no top-30 a final de ano, tarefa complicada coa competencia entre países na previa dos Xogos.

A Copa do Mundo de Cidade do Cabo celebrarase este domingo ás 13:15 horas –en horario peninsular español- en distancia esprinte de 750 metros de natación, 20 km de ciclismo e 5 km de carreira a pé.

Lea también

La SD O Val a un paso del ascenso a la Preferente

El champán está a enfriar en una de las entidades más emblemáticas de Narón, la …