Reunión con responsables de ADIF para plantexar a construcción dun paso soterrado baixo a vía do tren en Freixeiro

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Transporte Público, Guillermo Sánchez Fojo, mantiveron este luns unha xuntanza en León con responsables de ADIF, entre eles o subdirector de Operacións Centro da Rede Noroeste, Julio Sánchez, na que abordaron diferentes asuntos relacionados cos pasos sobre as vías do tren na cidade. Un dos temas plantexados pola alcaldesa foi a posibilidade de asinar un convenio entre o Concello e ADIF para construír un paso soterrado de uso exclusivo de peóns xunto á vía do tren na zona da rúa Ortega y Gasset, comunicando os núcleos de Freixeiro e Piñeiros e cun apeadoiro.É un serio problema que a xente cruce sobre a propia vía, unha cuestión sobre a que xa no seu día alertamos a ADIF polo risco que supón para que tomase as medidas oportunas, e desde o goberno local tamén estamos dispostos a colaborar para acabar con esa mala práctica que pode ter desenlaces fatais”, asegurou Ferreiro.

O representante de ADIF comprometeuse ante a alcaldesa a estudar a viabilidade de rubricar ese convenio para o paso soterrado, unha posición que a alcaldesa da cidade valorou positivamente.

Á espera de que poida materializarse un acordo entre as partes, e co fin de buscar unha solución alternativa a esta situación, tal e como lle comunicou Ferreiro ao subdirector de Operacións Centro da Rede Noroeste de ADIF, “acondicionarase o tramo de camiño paralelo á vía nesa zona e tamén se procederá a pechar ao tránsito de vehículos o vial sobre a vía do tren, para así garantir o paso das persoas coas máximas condicións de seguridade”.

Así mesmo, a alcaldesa entregoulle a Julio Sánchez un documento técnico e con imaxes da pasarela peonil sobre a vía de FEVE na zona de Santa Icía, na rúa da Estación, que actualmente precisa dunhas tarefas de mantemento. “Nós presentamos o informe e el plantexounos a posibilidade de asinar un acordo para reparar a estrutura, unha opción para a que amosamos a dispoñibilidade do Concello, co fin de subsanar canto antes eses danos que presenta”, apuntou Ferreiro.

Lea también

O Goberno de Narón chega a un acordo para manter o servizo de madrugadores

O goberno local e as Anpas de Narón chegaron a un acordo para manter temporalmente …