Ángel Mato: «A convocatoria das eleccións non afecta en absoluto ao programa das fragatas para Navantia»

Ángel Mato, candidato socialista á alcaldía de Ferrol, sostén de forma rotunda que “a convocatoria das eleccións non afecta en absoluto ao programa das fragatas para Navantia Ferrol nin á firma da orde de execución por parte do goberno”.

O compromiso de goberno de Pedro Sánchez co emprego e co futuro de Navantia é absoluto, en tan só oito meses o executivo sacou adiante a elevación do teito de gasto, unha decisión politicamente relevante que daba viabilidade financeira ao programa de construción das fragatas F-110; gañouse un ano na tramitación do proxecto”, afirma Mato.

O candidato do PSdeG á alcaldía de Ferrol apunta que “na actualidade está a ultimarse o expediente para poder levar o contrato a un Consello de Ministros que autorice a contratación polo importe total do programa, e isto podería ser na contorna do mes de marzo”.

Unha vez realizado iso, só resta xerar o expediente administrativo correspondente á firma da orde de execución e levar ao Consello de Ministros esta orde de execución; o goberno está a levar con axilidade e normalidade todos estes trámites, tal e como se comprometeu tanto a ministra de Defensa como o SEDEF na súa vista a Ferrol”, engade.

Mato ten a seguridade de que “o goberno cumprirá o seu compromiso con Defensa, con Navantia e con Ferrol e aprobará en Consello de Ministros a orde de execución durante o mes de abril, aínda que estea en funcións”.

Quero enviar unha mensaxe de tranquilidade a traballadores e familias dada a importancia que ten para o emprego e para o futuro da nosa cidade; pido que dunha vez por todas as forzas políticas poñámonos ao lado de Navantia, deixemos de xerar tensión e incerteza sen ningunha base e poñámonos a apoiar e traballar nunha aposta conxunta e firme pola empresa pública”, asegura o tamén senador socialista.

O asteleiro de Navantia é a base económica sobre a que se apoia boa parte do emprego da nosa cidade e a súa comarca; non traballar de forma conxunta é unha irresponsabilidade”, remata Ángel Mato.

Lea también

La Cátedra Jorge Juan, promovida por la UDC y la Armada, conmemora su 30 aniversario en el Campus de Ferrol

El rector de la Universidad de A Coruña, Ricardo Cao Abad, presidida, junto con el almirante …