CCOO presentou os seus actos do 8 de marzo e 10 de marzo

Auri Vázquez, Ramón Sarmiento e Xan María Castro en rolda de prensa | Adán Puentes

A mañá do venres era aproveitaba por CCOO para presentar os seus actos do 8 de marzo e 10 de marzo, nunha rolda de prensa coa presenza da secretaria xeral comarcal, Auri Vázquez; o secretario xeral de CCOO en Galicia, Ramón Sarmiento e do presidente da Fundación 10 de marzo, Xan María Castro.

Auri Castro animaba o vindeiro venres 8 de marzo, a participar a folga xeral de homes e mulleres en dous periodos, de 10:00 a 14:00 horas e de 19:00 a 21:00 horas, aínda que o primeiro acto terá lugar o xoves 7, no Antigo Hospicio co título “CCOO coas mulleres no traballo”, onde participarán o economista e deputado de En Marea, Manuel Lago e a secretaria de Igualdade de CCOO, Mabel Pérez, onde falarán das mulleres no mercado laboral e en temas de igualdade.

O propio venres 8 de marzo, CCOO e UGT farán una concentración as 12:30 horas no Cantón de Molíns “para confluir posteriormente no acto do Concello de Ferrol” e as 19:00 horas terá lugar a manifestación Mulleres 8M dende a Praza Amada García ata a Praza de Amboaxe onde Auri Castro espera “unha gran movilización de mulleres e homes, superándose ao do ano pasado e chamamos a xente para que se movilicen.

“En unidade con memoria”, o lema dos actos do 10 de marzo

Dous días despois, o domingo 10 de marzo, CCOO participará nos actos institucionais do Concello de Ferrol ás 11:00 horas e tras isto realizarán unha manifestación ata a Praza de Amboaxe, mentras que ás 13:00 horas farán entrega dos Premios 10 de marzo, no Centro Cultural Torrente Ballester, nuns actos onde estará presente o secretario xeral confederal, Unai Ledo.

Ramón Sarmiento comentaba que “atravesamos un momento político de especial trascendencia”, onde o seu manifesto “quere facer transcendencia as forzas de esquerda e dende CCOO quere definir o modelo de sociedade en Galicia nas próximas décadas.

O secretario xeral galego quere facer “un intenso proceso de movilización e manifestacións”, co obxetivo de conseguir “un 28 de abril con moita participación”, sendo “conscientes do que se xoga a clase traballadora nesta data”, onde ve con “extrema preocupación” o discurso “das tres dereitas”, porque a “irrupción da extrema dereita provoca un alimento de tres forzas políticas que consideramos que fan un alto nivel de retroceso democrático”, polo que queren que a clase traballadora “frene en seco unha sociedade desigual e onde prosperen as loitas como a do 8 de marzo”, polo que pretenden deixar claro “a quen non hai que votar”, facendo ao mesmo tempo “un chamamento ás forzas de esquerda para que identifiquen nos seus programas temas centráis nesta crise.

Outro dos temas aos que se refería Ramón Sarmiento era as reformas laborais e de pensións “onde hai unha desiguladade crecente, tendo de volta traballadores pobres, como tamén os maiores e a xente nova cunha precariedade laboral e temporaliedade récord, dun 26%.

Tres premiados nos Premios 10 de marzo

Xan María Castro era o encargado de dar a coñecer os nomes das tres persoas que serán recoñecidas nos Premios 10 de marzo, uns premios creados en 1992 “que se otorgan para premiar os valores do 10 de marzo.”

A primeira das premiadas e Tensi Álvarez Folgar, persoa importante dentro de CCOO, sendo a primeira secretaria de Muller da organización, ademáis de ser posteriormente a secretaria de Saúde Laboral sendo clave para a creación do Instituto de Seguridade Laboral, na Xunta de Galicia presidida por Emilio Pérez Touriño.

Outro dos premiados será Melchor Roel Rivas, natural de Mugardos e emigrante a Uruguai, onde se incorporou ao Partido Comunista cando estalou o golpe de estado militar, sendo detido e torturado, volvendo a Mugardos. Posteriormente foi a Viveiro, onde contribuiu a creación de CCOO na zona, tendo un papel fundamental no persal laboral e a nivel de estado. Tamén é recordao pola súa etapa como alcalde de Viveiro, falecendo en decembro de 2013 cando rexentaba a alcaldía dende 2003.

A terceira persoa premiada será Xan López Facal, colaborador da Fundación 10 de marzo e que é externa a CCOO. Natural de Cee e participante nas folgas de 1972, con estancias en Vigo e en Madrid, regresando posteriormente a Galicia para traballar en Sodiga ata a súa xubilación, sendo este premio xusto pola súa contribución.

Lea también

Desvíos de tráfico de las obras de humanización de la FE-14 Ferrol

El Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible avanza en la ejecución de las obras de …