Cerdido albergará a exposición “Luces Alén do Mar” do 8 ao 15 de Marzo

Cerdido albergará a exposición “Luces Alén do Mar” do 8 ao 15 de Marzo .A exposición foi cedida temporalmente ao Concello de Cerdido polo Consello de Cultura Galega que coa colaboración e axuda da
Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, levou a cabo acatalogación das construcións escolares financiadas polos emigrantes nas catro provincias galegas, proxecto que se prensentou en forma de exposición da que este é o seu catálogo.

No Concello de Cerdido, no ano 1908, construíronse dúas escolas de indianos, feitas por galegos na emigración en América: unha no Castro en Cerdido e outra en Avispeira, en A Barqueira. Estes centros, que continúan dando un gran servizo na actualidade, fixéronse coas contribucións económicas dos veciños de Cerdido que dende a emigración en Cuba non so non romperon os seus lazos co noso concello senón que fixeron unha gran contribución de xeito completamente desinteresado pola cultura e a
educación no seu pobo.

Estes veciños formaron a Asociación Pila Ancha, cuxas actas de constitución constan do ano 1907 na cidade de La Habana. No ano 1941, a asociación pasou a chamarse Sociedad de Beneficencia, Instrucción y Recreo Hijos del Ayuntamiento de Cerdido. Os primeiros integrantes da asociación Pila Ancha e a orden de inscrición dos seus iniciadores foron: nº 1. Severino T. Solloso nº 2. José Piñón Abella nº 3. Eliseo García Fraguela nº 4. Manuel Durán nº 5. Eduardo Fraguela nº 6. Benigno Villadóniga nº 7. Antonio Candales López nº 8. Manuel Candales Mestas nº 9. Domingo Villadóniga nº 10. José Rodríguez Agras

Dende o Concello de Cerdido quérese facer unha homenaxe a todos estes veciños e veciñas que dende a emigración fixeron tan grande contribución ao  concello, en agradecemento pola súa gran labor e compromiso coa cultura e a educación en Cerdido.

Durante o tempo da exposición, que estará aberta ao público na Area Recreativa O Castro do 8 ao 15 de marzo de 17:00 a 20:00 horas estarán dispoñibles as actas de constitución, o regulamento de Pila Ancha, o posterior regulamento da Sociedad de Beneficencia, Instrucción y Recreo Hijos del Ayuntamiento de Cerdido e outros documentos que poderán ser consultados por tódolos veciños e mveciñas interesados.

A presentación da exposición completarase cunha “Conferencia sobre as Escolas de Indianos en Galicia, a Asociación Pila Ancha de Cerdido e Severino Trinquete Solloso” coa intervención de Santiago Rodríguez Pérez (veciño de Cerdido e investigador), Bernardo Penabad Rey (Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa), José Manuel Bouzamayor (Vicepresidente da Asociación Terras do Ortegal) e Benigno Galego Castro (Alcalde do Concello de Cerdido).

A exposición terá un horario de 17:00 a 20:00 horas todos os días. O Concello de Cerdido anima á veciñanza a asistir á conferencia sobre as escolas indianas en Cerdido e o altruismo e recoñecemneto aos seus benefactores.

Lea también

16 negocios de hostelería participan en una nueva edicion de “Neda a petiscos”

El Ayuntamiento ha presentado este viernes 19 una nueva edición de “Neda a petiscos”. La …